Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘xogos’ Category

Fai un anaco, no blogue de Iago Varela vin uns videos que xa vira hai tempo, pero que me recordan que cun pouco de enxeño non é tan complicado facer un xogo das cousas máis monótonas e aburridas, ben sexa facendo unhas escaleiras-piano musicais, un cubo da basura cun fondo moi moi fondo, unha alfombra scratch ou un colector de vidro arcade.

Todos estes videos (e a sensación que producen) volveron a min cunha entrada máis recente de Pixel y Dixel, unha campaña publicitaria de Volkswagen na que che preguntan se estás preparado para facer as cousas un chisco máis rápido. Para esto fan unhas pequenas modificacións nun carriño da compra:

Un ascensor pouco menos que a reacción:

Ou un pequeno tobogán sobre unhas escaleiras de metro :).

Teño claro, que algún día farei un hack dun carriño da compra, ben sexa un como o da entrada, unha barbacoa, un motorizado ou algún dos que aparece por instructables.

Advertisement

Read Full Post »

Final Fantasy VII

Por fin vacacións! E por este motivo estou a xogar ao Final Fantasy VII, ese xogo que marcou a miña adolescencia.

Tras instalalo e xogar algo, deume por frikear e buscar información para completar o xogo (guías de materias, límites, armas…), e atopei con esta guía por youtube:

Let’s Play Final Fantasy VII #001

Read Full Post »

Tekken

Estiven enganchadBryan Furyo á saga do Tekken, en realidade só ás tres primeiras entergas -as de PlayStation-, xa que non tiven oportunidade de xogar a entregas posteriores.  Pois resulta que o outro día deume por buscar un emulador de PlayStation e descargar o xogo para viciar. Bueno, tras iso estiven buscando a historia dos personaxes, e sempre tiven tres que destacaron especialmente: Bryan Fury –kickboxing-, Eddy Gordo –capoeira– e Hwoarang –taekwondo-. Despois de ler as biografías e historias varias, cheguei, non lembro ben como a enterarme de que están facendo película: Tekken.

Pois estiven informándome acerca destes actores que me “interesaban”, e temos a:

  • Gary Daniels facendo de Bryan Fury. Quen tamén aparece no próximo filme de Stallone, The Expendables. Pero del destacaría (vendo só vídeos en Youtube, e ningunha das súas películas) os 10 segundos a partir de onde empeza este video. É escusado ver o resto, polo menos eu non din pasado de un minuto máis. Nótese que o paisano a parte de “actor” tamén é kickboxer.Eddy_t5
  • Lateef Crowder facendo de Eddy Gordo. A quen quizais coñezades da peli Tom-Yum-Goong (tamén chamada The protector), onde mantén esta pelexa con Tony Jaa, moi espectacular, demasiado para parecer verídica :D.
  • E bueno, Jae Hee interpreta a Hwoarang, pero non ten referencias que eu coñeza.

1015_Hwoarang Port 01Non creo que chegue a ter boas pintas, de feito tenme pintas de ser un Dragon Ball (algo máis fiel espero), ou un Mortal Kombat.

Read Full Post »

Canabalt

Non son moito de xogos Flash, pero este enganchoume e non sei moi ben por que. O Canabalt.

O único que tedes -e podedes- facer é saltar, e non ten máis. Supoño que triunfa a súa estética ao estilo de The Spirit, e tamén me gustan os detalles de romper as ventás arrastrando cristais tras de ti e de asustar as pombas das azoteas que vedes na imaxe. E a simpleza dos gráficos.Canabalt

Sáltase ca X ou ca C, co + e co – súbese e báixase volume, e silénciase co 0. E o resto das teclas non valen para nada.

Vía juegos.microsiervos.com.

Read Full Post »