Hoxe deume por ver en youtube o anuncio do que sempre me lembro neses momentos de pinchazos e dor intensa que me aparecen nas pernas subindo unha costa, unha desas costas que parecen inacabables, e que non sei moi ben por que sigo subido sen baixarme da bici. Non sei se é pola canción ou por esa certa afinidade que aparece cos protagonistas, pero sempre axuda a tirar un chisquiño máis por min:
Pois a lista de videos relacionados levoume a outro anuncio da mesma marca, Un chisquiño menos de gravidade, aquí confórmome con deixarme levar, voar e desfrutar 🙂
Como juego de guerra, el ajedrez tiene un fallo. Es este:
A diferencia de la guerra, las reglas en el ajedrez son constantes. Las piezas no cambian. Nunca ganarás el corazón de una torre o la mente de un caballo. Son sordos a tus argumentos.
Todos estes videos (e a sensación que producen) volveron a min cunha entrada máis recente de Pixel y Dixel, unha campaña publicitaria de Volkswagen na que che preguntan se estás preparado para facer as cousas un chisco máis rápido. Para esto fan unhas pequenas modificacións nun carriño da compra:
Hoxe, aínda non sei moi ben por que, decidín dexiar de lado o nome de “Vitor de Palas” nas redes sociais (Tuenti e Facebook), para pasar a poñer o nome real e completo. Unha vez feito isto dixen: “Vou cambiar tamén na conta de Google”. E fíxeno, pero seguín mirando a páxina do perfil, para ver que opcións me daban para completar e atopeime con isto:
Tanto marcou Lost esta xeración como para que apareza un easter egg do tipo de: “Algo que no encuentro con Google” “Oceanic 815”? Claro, que tamén que che deixen un recadro para completar con “Mi superpoder” poderíase considerar digno de mención.
Por certo, o que non atopo con Google é un contrato de traballo desa empresa a nome de Vítor V. V. 😀
Pois pensando no produto nacional do mundo da animación, lembreime de Miguelanxo Prado, creador do personaxe do Xabarín. É director do salón do comic coruñes, é dicir, Viñetas desde o Atlántico. Tamén cruzou o Atlántico para traballar nun proxecto de Spielberg (ese do extraterrestre e os dinosaurios) en Dreamworks (os de Antz, Shrek ou Bee Movie), que foi no que pensei inicialmente á hora de escribir este post, a serie animada de Men In Black, que botaban, se non lembro mal, na 2 de tve aos mediodías. Ademáis fixo un largometraxe animado: De Profundis, o cal non coñecía.
Por certo, en Viñetas desde o Atlántico trouxeron a Tim Sale, debuxante dos bocexos da serie Heroes, e dalgunha etapa de Batman e de Grey Hulk entre outros. Debuxos un, dous e tres.
Aquí suponse que o prefixo Mega é superlativo, quero dicir, que falamos de algo moi grande ou numeroso, non si?
Pois resulta que hoxe me dixeron que hai un capítulo de “Megaconstrucciones” (a serie de documentais de La Sexta de pola mañá) adicado dedicado a unha obra galega. E que obra temos tan tremenda e impoñente como para ser dignos de aparecer nun documental ianki superlativo? Exato, as obras de Gaiás! Superlativa a cantidade de cartos aí “invertidos”.
Aquí vos deixo o primeiro video:
E como podedes comprobar no seguinte parágrafo que transcribín, estamos á ‘vangarda’ de Europa! Ou eso pensan os americanos:
“Como galicia aún es una de las regiones menos desarrolladas de Europa. Se juegan mucho. El éxito de este proyecto significaría un aumento del turismo, reconocimiento internacional, y un monumento para la posteridad. Sin embargo su fracaso sería una verguenza carísima, y la ciudad de la cultura no se acabaría. Y quedaría eclipsada por la gran atracción de la ciudad”
Vergonzoso! Vergonzoso o programa, a imaxe que teñen de nos, a cultura de “se é máis grande é mellor” e a inversión -superlativa- de cartos nesa obra!
Dende que comecei as vacacións dediqueime a ver películas, series e a ler bastante. Pero á que me enganchei particularmente foi a “El último supervivimente“. Pero o realmente fascinante da serie é ver ao protagonista comer, neste caso unha larva de escaravello rinoceronte. Penso que a máis “viscosa pero saborosa” de toda a serie. O emocionante comeza no 0:50 e remata no 1:00:
É un vídeo feito polo programa Al filo de lo imposible, a principios dos 90 con Juanma Montero sobre a bici. Dura unha media hora, e vense os protagonistas sobre asfalto e despois sobre monte. Todo isto baixo unha narración épica.
Como din nel, a nosa primeira bicicleta, foi sen dúbida o mellor xoguete.
As Tartarugas Mutantes son unha historia real. Unha vez Chuck Norris tragou catro tartarugas enteiras e cando as cagou medían un metro oitenta e sabían karate.
Os comentarios serán moderados tan só a primeira vez que se use o sobrenome. Unha vez aprobado o primeiro comentario, o resto xa se publicarán automaticamente.