Hoxe leo no blog de Enrique Dans un artigo no que explica modo en que este fai os exames ao seus alumnos.
Para facer os exames, os alumnos precisan un portátil, que practicamente o total dos alumnos ten. Para eses alumnos “descolgados” pide un par de ordenadores ao departamento para facer o exame. Para as diferentes técnicas de formular o exame, preséntase só unha para contestalo: ter acceso a internet para buscar e empregar a información que precisen. E ademais, en algúns exames déixalles empregar g-talks ou similares (se queredes saber máis detalles, lede o artigo), isto creo que é positivo.
Puf, é que digo eu, isto da vida académica non é unha “preparación” para a vida laboral? Pois despois na vida laboral terei acceso a todas esas normativas que me fixeron chapar e das que nunca máis me lembrarei. Deberíamos deixarnos de tanto exame teórico, e máis práctico.
Por certo, que non creo que esta metodoloxía sexa aplicable a todas as signaturas, pero si debería estar aplicada naquelas nas que teño que usar normativas. Penso que en Cálculo, Álxebra ou Xeometría descritiva, non sería de demasiada utilidade.
Sinto estar tan delicado con este tema… pero como comprenderedes estou en época de exames e un está extresado de carallo.
Vou seguir cas miñas integrales diferenciales….