Hoxe, día 19 de abril é a “Feira do queixo” aquí en Palas, está isto que parece unha cidade e todo, non hai onde aparcar, e hai moitísimos coches circulando pola estrada.
Pois resulta que tiven que ir á casa de miña avoa a levarlle unhas cousas alí, e para o meu pesar tiven que atravesar toda a vila (de cabo a rabo). E pese a non ir pola estrada “principal” tiven algo de cola, pero a maior parte dela foi provocada por culpa dos maleducados peatóns, que se cren os reis do mambo e circulan polo medio da estrada como se fose súa facendo esperar os coches. E o peor non é iso, o peor é que aínda teñen máis que dicir. E un garda civil de tráfico mirando e sen dicirlles nada.
Somos todos unha panda de incivilizados egoístas, feito do que xa me dera conta antes de arrincar co coche, posto que para montarme nel, tiven que montarme polo asento do acompañante, porque un subnormal dun A4 estaba aparcado pegado ao meu coche polo lado do condutor sen deixarme sitio para abrir a porta.
Para rematar vou expoñer dous feitos dos que fun testemuña:
O primeiro aconteceume en Arzúa fai un par de semanas. Eu ía cara Santiago, e estaba esperando a que o coche que estaba diante miña se metera á esquerda, e mentres, polo outro carril viñan un coche e unha ambulancia cas luces postas, e resulta que o coche que ía diante da ambulancia a parte de andar lacazaneando tivo que parar porque un peatón se meteu a cruzar facendoo parar, e facendo parar á ambulancia.
E o segundo aconteceu en Palas fará un ou dous anos, estabamos parados nun paso de peóns agardando a que cruzase unha persoa, e resulta que un subnormal ponse a adiantarnos case levándose ao peatón por diante.
Son dúas anécdotas que me deixaron bastante marcado, sobre todo a segunda, da primeira lémbrome porque foi bastante recente.
PD: Por atropellar estes desertores do arado -de aí a canción que encabeza o post- nestas circustancias tiñanche que dar dos puntos para que acumularas no carnet.