Posted in bicicleta, natureza on Dom 4 Outubro 2009|
1 Comment »
Pois iso, que chove. Por fin saímos deste sol cegador a media altura que me pon dos nervios cando conduzo. Deste sol que me fai suar cando monto no coche que leva un par de horas fora. De durmir destapado, e consecuentemente contra a gusto. Dese po que non acouga quieto e se me mete nos ollos (máis ultimamente con estas obras)
Agora entramos na auga, nas noites de inverno nas que me tapo con pesadas mantas deixando á vista só o nariz, que lembranzas cando durmía na casa de meus avós baixo unha mantas que apenas daba levantado. Agora toca escoitar a choiva bater na fiestra mentres estou acurrucadiño na cama. Disfrutar esa preciosa cor de outono, e agardar ansiosos a primavera para agradecer que a época de chuvias non nos converte nunha chaira cordobesa. Entramos nas mañás de fin de semana, nas que me ergo con ansia de bici, e de meterme por camiños enlamados chegando cun sorriso a casa que disfruto debaixo da ducha 😀 Agora, só me queda comprar unhas botiñas novas, e a saltar polas pozas 😀
A única pena? Que rematan as noites estreladas.
Foto en flickr.
Read Full Post »