Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘internet’ Category

Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto MANIFESTAMOS:

  1. Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido.
  2. Que as empresas, emprendedores e usuarios de Internet puideron crear servizos e produtos nesa Rede Neutral sen necesidade de autorizacións nin acordos previos, dando lugar a unha barreira de entrada practicamente inexistente que permitiu a explosión creativa, de innovación e de servizos que define o estado da rede actual.
  3. Que os usuarios, emprendedores e empresas de Internet puideron definir e ofrecer os seus servizos en condicións de igualdade, levando o concepto da libre competencia até extremos nunca antes coñecidos.
  4. Que Internet é o vehículo de libre expresión, libre información e desenrolo social máis importante co que contan os cidadáns e empresas. A súa natureza non debe ser posta en risco baixo ningún concepto.
  5. Que para posibilitar esa Rede Neutral as operadoras deben transportar paquetes de datos de maneira neutral, sen erixirse en “aduaneiros” do tráfico e sen favorecer ou prexudicar a uns contidos por riba doutros.
  6. Que a xestión do tráfico en situacións puntuais e excepcionais de saturación das redes debe acometerse de xeito transparente, de acordo a criterios homoxéneos de interese público e non discriminatorios nin comerciais.
  7. Que a dita restrición excepcional do tráfico por parte das operadoras non pode converterse nunha alternativa sostida á inversión de redes.
  8. Que a dita Rede Neutral se ve ameazada por operadoras interesadas en chegar a acordos comerciais polos que se privilexie ou degrade o contido segundo a súa relación comercial coa operadora.
  9. Que algúns operadores do mercado queren “redefinir” a Rede Neutral para manexala de acordo cos seus intereses, e esa pretensión debe ser evitada; a definición das regras fundamentais do funcionamento de Internet debe basearse no interese de quen a usan, non de quen as proven.
  10. Que a resposta ante esta ameaza para a rede non pode ser a inacción: non facer nada equivale a permitir que intereses privados poidan de facto levar a cabo prácticas que afectan ás liberdades fundamentais dos cidadáns e a capacidade das empresas para competir en igualdade de condicións.
  11. Que é preciso e urxente instar ao Goberno a protexer dun xeito claro e inequívoco a Rede Neutral, co fin de protexer o valor de Internet de cara ao desenrolo dunha economía máis produtiva, moderna, eficiente e libre de inxerencias e intromisións indebidas. Para iso é preciso que calquera moción que se aprobe vincule de xeito indisolúbel a definición de Rede Neutral no contido da futura lei que se promova, e non condicione a súa aplicación a cuestións que pouco teñen que ver con esta.

A Rede Neutral é un concepto claro e definido no ámbito académico, onde non suscita debate: os cidadáns e as empresas teñen moito dereito a que o tráfico de datos recibido ou xerado non sexa manipulado, terxiversado, impedido, desviado, priorizado ou retrasado en función do tipo de contido, do protocolo ou aplicación empregado, da orixe ou destino da comunicación nin de calquera outra consideración allea á da súa propia vontade. Ese tráfico tratarase como unha comunicación privada e exclusivamente baixo mandato xudicial poderá ser espiado, trazado, arquivado ou analizado no seu contido, como correspondencia privada que é en realidade.

Europa, e España en particular, atópanse no medio dunha crise económica tan importante que obrigará ao cambio radical do seu modelo produtivo e a un mellor aproveitamento da creatividade dos seus cidadáns. A Rede Neutral é crucial á hora de preservar un ecosistema que favoreza a competencia e innovación para a creación dos innumerábeis produtos e servizos que quedan por inventar e descubrir. A capacidade de traballar en rede, de xeito colaborativo, e en mercados conectados, afectará a todos os sectores e todas as empresas do noso país, o que converte a Internet nun factor clave actual e futuro no noso desenrolo económico e social, determinando en gran medida o nivel de competitividade do país. De aí a nosa profunda preocupación pola preservación da Rede Neutral.

Por todo iso instamos con urxencia ao Goberno español a ser proactivo no contexto europeo e a lexislar de xeito claro e inequívoco neste sentido.

Tradución de Mallando na e-ira.

Advertisement

Read Full Post »

Segundo aniversario

And.roid.es celebra o seu segundo aniversario e realizan un sorteo onde piden que lles expliques por que che gustan e  reparten os premios:

  • Primer premio: Un Samsung Galaxy Tab
  • Segundo premio: Un Samsung Galaxy S
  • Tercer premio: un Samsung Galaxy i5800 (del nivel del Spica)
  • Cuarto y quinto premios: un Vodafone Joy 845
  • Sexto hasta vigésimo premios: una camiseta con un androidito majete

Para participar, só queda dicir por que me gusta and.roid.es, e é porque teño un smarthphone con Android e neste blogue ofrecen unha grande cantidade de información moi actualizada, e por que non, tamén por estes sorteos, que xa fai cousa dun ano tamén ofrecían un HTC Magic.

Unha aperta, e lembrade que se queredes actualidade de Android en galego, podedes pasar por Mallando no Android.

Read Full Post »

Estamos Perdidos

Hoxe, aínda non sei moi ben por que, decidín dexiar de lado o nome de “Vitor de Palas” nas redes sociais (Tuenti e Facebook), para pasar a poñer o nome real e completo. Unha vez feito isto dixen: “Vou cambiar tamén na conta de Google”. E fíxeno, pero seguín mirando a páxina do perfil, para ver que opcións me daban para completar e atopeime con isto:

Tanto marcou Lost esta xeración como para que apareza un easter egg do tipo de: “Algo que no encuentro con Google” “Oceanic 815”? Claro, que tamén que che deixen un recadro para completar con “Mi superpoder” poderíase considerar digno de mención.

Por certo, o que non atopo con Google é un contrato de traballo desa empresa a nome de Vítor V. V. 😀

Read Full Post »

No Skins, no party.

Cada vez que me enfronto a unha serie nova aparece ese dilema: véxoa en V.O.S. ou dobrada? A versión orixinal subtitulada permíteme percibir mellor a esencia da serie, e a versión dobrada fai que a serie me pareza máis dinámica xa que a atención que precisa é menor. E como contras, cómpre dicir que moitas veces os subtítulos están francamente mal feitos (erros ortográficos, de sintaxe e demáis) e as dobraxes moitas veces non son fieis ao orixinal.

Unha das series que estou seguindo é unha producción británica, Skins. A serie é un drama altamente recomendable que trata a vida dunha pandilla de adolescentes no seu paso polo insituto, esa época de festas, alcohol, excesos e drogas. Levan catro temporadas e dúas xeracións (unha xeración da para dúas temporadas) onde, por norma xeral, lle dedican un capítulo a cada membro da pandilla.

Unha das mellores bazas da serie é a música, de feito na páxina ofixial teñen unha lista das cancións que soan nos capítulos, e hai listas de reprodución para o Spotify (grazas polos enlaces Luís). Pois o capítulo 3×02 comeza con Cook vestíndose mentres soa unha canción -tranquilos, non hai spoilers-: (os videos teñen a inserción desactivada, podedes clickar nos enlaces de abaixo para velos en YouTube)

[Cook, The Ace of Spades Skins 3×02]

A canción é Motörhead – The ace of Spades, como se pode observar Cook cántaa, tararéaa e fai air guitar, pero… que acontece na versión dobrada? Vexamos -deixade de vela onde remata o primeiro video-:

[Skins Español 3×02 1/6]

Cambian a canción, e a voz de Cook non está sincronizada cos movementos da boca nin nada, vergonzoso! A partir de agora xa me decidín, vou ver todas as series e películas que poida en V.O.S. A poder ser cuns subtítulos decentes, que moitas veces nin os oficiais me convencen….

Recoméndovos a serie, xa sabedes: No skins, no party!

Enlaces de descarga en: skinsblog.es.

Read Full Post »

Heredeiros

Fai tempo que falei das marabillas do Spotify, pero un dos grandes fallos era que non tiña música dos Heredeiros da Crus.

Pois xa está solucionado :D.

Vínculos ao Spotify, se non vos abre copiade a dirección que vos enlaza e buscadea, ou simplemente buscade Heredeiros da Crus.

¡¡¡Está que te cajas!!! (2005)

All right Chicago (2000)

A cuadrilla de Pepa Loba (1998)

Des minutos (1997)

Criatura (1997)

Un dos mellores directos dos que tiven o pracer de disfrutar 😀

Versionando ao incombustible Joe Coker – You Can Leave Your Hat On.

Read Full Post »

Asignatura pendente

Se hai algo que lle teña que agradecer a Internet é o acceso á cultura de forma instantánea (ou case). Isto significa que se quero aprender sobres as ratas topo desnudas, sobre materiais na aeronautica, ou a influenza da resonancia nas estructuras (autobombo!!) podo chegar á información cunha simple búsqueda. Pero hai duas materias pendentes, non sei se foi por non saber buscar ben ou por falta de ímpeto, ou simplemente nn ter coñecementos básicos e non saber nin por onde empezar.

A primeira é a programación informática, considero que pode chegar a ser moi útil, mais non sei nin por onde empezar.

E a segunda é a música clásica, gustaríame aprender sobre música clásica, pero penso que tamén me pasa un chisco do mesmo. Para abrir boca conseguín que me fixeran unha lista de reproducción para o Spotify e tamén me pasaron unha lista dos 15 mellores compositores según Listverse (todo esto vía Deleznable). Pero o que quizais máis me gustou foi unha canle de youtube á que non me lembro como cheguei onde o autor sube videos onde podemos visualizar as cancións mentres as escoitamos:

Canle de Smalin.

Read Full Post »

Canabalt

Non son moito de xogos Flash, pero este enganchoume e non sei moi ben por que. O Canabalt.

O único que tedes -e podedes- facer é saltar, e non ten máis. Supoño que triunfa a súa estética ao estilo de The Spirit, e tamén me gustan os detalles de romper as ventás arrastrando cristais tras de ti e de asustar as pombas das azoteas que vedes na imaxe. E a simpleza dos gráficos.Canabalt

Sáltase ca X ou ca C, co + e co – súbese e báixase volume, e silénciase co 0. E o resto das teclas non valen para nada.

Vía juegos.microsiervos.com.

Read Full Post »

Resposta

Ante golpes como o da Lei Hadopi (a dos tres avisos de internet), respostas coma o BitBlinder (un programa para ocultar a túa IP descargas con enlaces Torrent).

Read Full Post »

Touche di-Sindo

Entrevista a Ángeles González-Sindo:

También consideró que los fabricantes han generado un movimiento para “convencer a los internautas y a los ciudadanos de que son ellos los que tienen que pagar el impuesto” cuando el canon “debe pagarlo los que fabrican aparatos”. Seamos todos sinceros, ¿para qué necesitamos todos una línea de ADSL de no sé cuanto gigas? ¿Para mandar e-mails? Telefónica sabe que el 80 por ciento del volumen de tráfico en sus líneas es descarga de archivos.

Si señora!! Aquí pagamos o ancho de banda por gigas desas. Pois non! Contrátase por Mb/s.

Este non era o caso, o caso é que seica penso que son eu quen paga o canon.

Vamos a ver,  un produto costa X fabricalo, a ese valor aplícaselle un beneficio para o fabricante, xa que debe comer. Se a isto lle aplicamos un canon, o produto costa “X+beneficio+canon” e como quen paga é o consumidor… a quen lle repercute é a este, porque está claro que o fabricante ten que comer, igual axusta algo o prezo, pero… dificilmente compensa o canon. Como conclusión diremos que quen paga o canon é o consumidor.

Este canon estouno pagando polo ADSL que uso para escribirvos este artigo. Pagueino polo último CD que gravei, que se non lembro mal era unha copia do instalador de Ubuntu, e o anterior eran as fotos que me pasaron das festas do entroido (si, lévame tempo poñerme a gravar), pagueino polo Pen Drive que uso para transportar os arquivos que preciso na vida académica que creo mediante programas totalmente legais. Estoulle dando cartos á SGAE por algo que non lles vai nin lles ven, nin de cerca nin de lonxe!

E xa que o canon é unha compensatoria pola piratería, e a estou pagando, por este motivo, que menos que poder descargar algunha que outra cousa para ter algo que compensar, non?

Para finalizar, na entrevista-artigo onde atopei o texto citado, teñen unha enquisa onde preguntan: Para que usas a banda ancha?

  • Para descargar música e películas
  • Para navegar
  • Para xogar na rede
  • Para utilizar redes sociais
  • Outros

Pois vamos a ver, eu emprégoa para escoitar música a través do Spotify e ver vídeos a través de Youtube ou similares, navegar en varias páxinas, algún vicio on-line téñoo botado, redes sociais tamén, leo o correo, escribo no meu blog, etc. Vamos, que creo que fago un chisco de todo e máis. E para todo isto preciso un ancho de banda considerable posto que senón relentizaríanse todas e cada unha das tarefas que acabo de enumerar. Todas elas legais, e polas que non teño motivos para pagar canon.

Que teño que facer para que me deixen de cobrar por algo sobre o que non teñen dereito?

PD: Se chegastes aquí, pasade por SINDEscargas.net e lede o exercicio de cálculo mental rápido que aparece ao final.

Read Full Post »

Usuario de Tuenti

Definición de usuario de tuenti: panda de narcisistas cegatos que se adican a subir fotos propias posando mentres se miran no espello.

Que estou ata os collóns de ver a mesma foto en cor, b&n e sepia. E iso que non entro en demasiados perfís, pero bástame con ver a páxina de inicio.Tuenti

E diredes vos: “Por que non os desagregas?”. Porque tampouco é plan ser máis anti-social do que xa por definición son.

PD: As cámaras hoxe por hoxe tran un temporizador para disparar, usádeo en vez de mostrarvos a vos mesmos disparando contra o espello!

Read Full Post »

Older Posts »