Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘linux’ Category

Pintando

Unha das múltiples queixas de Ubuntu polos usuarios de escritorio é a falta dun MSPaint ou similar que permitise facer operacións de recorte ou redimensionado de imaxes ca mesma facilidade. Pois atopei un sustituto á altura, estou a falar do KolourPaint, que funciona en KDE, Gnome e Xface. Este programa ten as mesmas funcións que o Paint de Microsoft ca mesma sinxeleza, pero ademáis implementa outras como son a posibilidade de deixar fondos transparentes, máis posibilidades para a redimensión ou recorte de imaxes ou a posibilidade de modificar brillo, contraste ou saturación.

KolourPaint no escritorio de VitorPalas

Se queredes instalalo basta con que o busquedes no “Centro de Software Ubuntu” (o anterior “Agregar e quitar“), que o descarguedes na páxina oficial, ou que tecleedes na terminal:

sudo apt-get install kolourpaint

Se tamén queredes un sustituto do Bloc de Notas, probade o Gedit, que xa ven preinstalado en gnome, está en “Aplicacións/Accesorios” e chámase “Editor de textos Gedit”. Para KDE teredes que usar o Kate. Tamén máis completos que o de MS.

Advertisement

Read Full Post »

Videotutoriales de Guía Ubuntu

Hoxe escribovos debido a que navegando por Guía Ubuntu (wiki sobre Ubuntu) cheguei á súa propia canle de Vimeo.

Ten algún video tutorial interesante, como por exemplo Instalando Ubuntu:

Read Full Post »

KDE: Conclusións

Onte falei do openSUSE, pois despois de trastear con el un anaco e de non enterarme moito decidín volver instalar Ubuntu, pero esta vez con xestor de escritorio KDE (cando ata o momento sempre usei Gnome), é dicir, instalei Kubuntu. Pese a levar varios anos sendo usuario de GNU/Linux aínda non teño claro de todo a diferencia entre ambos escritorios. Visualmente cabe destacar que o KDE é máis punzante, máis agresivo, máis frío, máis “metal”, por dicilo dalgunha maneira. Sen embargo Gnome é máis redondeado, máis pacífico, máis cálido, máis “madeira”. Ademáis disto, teñen aplicacións -programas-  diferentes.

Este é o estado no que quedou o meu escritorio, ten unha abella de fondo, e ese amarillo dalle unha calidez que non é habitual en KDE. Puxen arriba á dereita a barra coa información, e abaixo a relacionada coas aplicacións. Un detalle a ter en conta é que esta última versión de KDE non ten o concepto de escritorio que tiña por exemplo Windows XP, aquí non podes ter arquivos “no tapiz”, aquí terás que abrir unhas ventaniñas -esos recadros que se ven-, eu teño tres abertas: a carpeta “escritorio”, que é a dos accesos directos, a carpeta persoal (o equivalente a “Mis Documentos”) e unha terceira arriba á esquerda onde aparecen as unidades extraibles (un “Mi Pc”), este foi un dos detalles máis prácticos que atopei, de feito gustoume moito.Pero quitando este detalle non me acabou de convencer:

O menú das aplicacións paréceme algo máis lioso: en Gnome está todo perfectamente organizado xerarquicamente, no outro non se ve tan claro. KDE non está tan refinado, por exemplo mentres faćia unha actualización do sistema poñía os arquivos que se baixaban, e según ía variando o tamaño do nome deses arquivos variaba o ancho da barra, que é unha tontería, pero non da boa imaxe. Gnome é máis visual pero non tan vistoso, é dicir, fai as cousas máis simples pero non tan espectaculares (bueno, se queres tamén as fai espectaulares).

Como conclusión dicir que para alguén que empeza con GNU/Linux creo que é moito máis accesible Gnome. Por exemplo o instalador de aplicacións, pese a gustarme menos que o da versión 9.04 é moi intuitivo, e o certo parecido que garda con XP fai que sexa todo máis facil de comprender para a maioría dos novatos.

Para rematar deixovos unha captura de pantalla co meu escritorio en Gnome:

Comparade e elixide :D.

PD: Se hai alguén interesado nos fondos de pantalla: abella e folla.

Read Full Post »

openSUSE

Hoxe descarguei (legalmente señora Gonzalez-Sinde) e instalei o openSUSE, outro sabor de GNU/Linux, distinto de Ubuntu. Teño instalada a versión 11.2 con entorno KDE. O primeiro que te atopas, xusto despois de meter o contrasinal e sen modificar nada é isto:

Pinta bonito, o verde gústame, pero inicialmente xa se me fai bastante raro que a barra de ferramentas estea abaixo.

Seguiremos probando e contareivos como evoluciona o tema.

Read Full Post »

Teclas rápidas

Teño falado moitas veces de GNU/Linux, en concreto son usuario de Ubuntu (agora mesmo 9.10). Nunca subín ningún tutorial nin nada parecido ao blog porque pensei que a calquera que lle interesara podería buscar e atoparía ben sin problemas. Pero agora quería cambiar esto e facer do blogue tamén un pequeno referente para os usuarios que pretendan dar o salto.

O caso é que son unha persona que utiliza moito o teclado. En Windows para abrir o explorador de arquivos, sempre pulso “Win + E” -a partir de agora referirémonos á tecla Win como tecla Super-, e cando estaba en Ubuntu botabao de menos, pero agora xa atopei a solución:

Clicamos arriba, no panel en “Sistema/Preferencias/Combinaciones de teclas”. Agora dámoslle a “Añadir” e en Nombre poñemos “Nautilus” (poderías poñer o que quixeras) e en comando eu teño posto:

nautilus file:///media/DATOS

O de “media/DATOS” é a dirección que lle teño eu, pero poderías poñer calquera dirección que queiras. Para saber cal é a dirección da carpeta que queres q se che abra automáticamente, bastará con ir ata ela co navegador e clickar no icono que teño dentro do círculo vermello, este icono variará según o tema de iconos que teñades. Tedes que deixar o “nautilus file:///” e despois poñer o que pon en Lugar. Lémbrate de conservar as maiusculas e minúsculas e de que entre o file: e a dirección teñen que ir tres barras (///).

Unha vez feito esto, baixades a barriña do scroll abaixo, e clickades no cadriño que está á dereita de “Nautilus” debaixo de Combinación e metédeslle a combinación que queirades.

Outros exemplos:

Nome: “Firefox”; Comando: “firefox”; Combinación: “Super + F”

Nome: “Terminal”; Comando: “gnome-terminal”; Combinación “Super + T”

Read Full Post »

Seguinte, seguinte

Pasa das 3 da madrugada, e estou esperto. Teño sono, algo que facer antes de deitarme e mañá teño que madrugar. Síntome como cas primeiras entregas de Debuxo 2, que tempos. Pero non, estou formateando un ordenador, e parece ser que certa persoa, non pasou por aquí ultimamente. Xa non me lembraba do que era a cultura do “seguinte, seguinte”, co fácil que é instalar en Ubuntu con catro clicks (2 para abrir o instalador, un para marcar cada un dos programas que queres instalar e un último para aplicar os cambios) aforrando ter o instalador xa buscado e descargado para executalo.

sigsig

O que o salva é que lle debo un par de favores.

Que por certo, a conta disto, acábome de lembrar dunha comparativa do número de clicks  necesarios para instalar diferentes sistemas operativos. Enlace. Aínda que o “Windows UE” facilita moito -moitísimo- a tarefa, e déixa o ordenador moito máis optimizado e máis limpo que os CD’s de recuperación orixinais. Pero tras isto hai que instalar unha ducia de programas, que con tanto “seguinte, seguinte”, faise un suplicio, porque é como o can pequeno: nin come, nin deixa comer (nin instala, nin me deixa levantar a vista do ordenador). Lástima que o Windows UE sexa ilegal.

Read Full Post »

O meu pequechiño

Pois por motivo dunha recua de acontecementos propios do azar, chegou ao longo desta semana un portátil ás miñas mans. En concreto un Sony Vaio VGN-FS515B, un portátil duns dous anos que ven para quedarse. O portátil ten un pequeno fallo no teclado (fallan algunhas teclas) que teño que mirar de arranxar (a ver aínda como fago), pero xa vos estou escribindo a través del mediante un teclado acoplado vía USB.

Pantallazo Vaio 090516

Aquí tedes unha captura de pantalla, fermosa, non si? Aínda non me esmerei gran cousa porque se o levo a arranxar prefiro que vaia virxe por se a algún informático cotilla lle da por fisgonear. De todas formas quero cambiarlle o tema de iconos, pero teño o que quero na Coruña.

Read Full Post »

Spotify

Levaba unha tempada escoitando música a través de Spotify. O programa está caralludo, e como ben dixo Carlos, a proba de lume está en que se buscas “Juan Pardo” aparecen máis de 20 resultados:

SpotifyPero onde está o fallo? En que algúns grupos decidiron desapuntarse. Mirade o que pon no FAQ – Spotify:

Unfortunately some artists have opted not to be added to Spotify at this time, some frequently requested artists that are not in Spotify include Metallica, The Beatles, Pink Floyd, ACDC and Led Zeppelin, etc.

O día que resolvan iso, e fagan un versión que corra en Linux…. xa será a hostia!

PD: Se queredes probar o programa podedes rexistrarvos aquí. Doutra maneira precisariades dunha invitación para rexistrarvos.

Read Full Post »