Posted in linux on Dom 17 Xaneiro 2010|
2 Comments »
Onte falei do openSUSE, pois despois de trastear con el un anaco e de non enterarme moito decidín volver instalar Ubuntu, pero esta vez con xestor de escritorio KDE (cando ata o momento sempre usei Gnome), é dicir, instalei Kubuntu. Pese a levar varios anos sendo usuario de GNU/Linux aínda non teño claro de todo a diferencia entre ambos escritorios. Visualmente cabe destacar que o KDE é máis punzante, máis agresivo, máis frío, máis “metal”, por dicilo dalgunha maneira. Sen embargo Gnome é máis redondeado, máis pacífico, máis cálido, máis “madeira”. Ademáis disto, teñen aplicacións -programas- diferentes.

Este é o estado no que quedou o meu escritorio, ten unha abella de fondo, e ese amarillo dalle unha calidez que non é habitual en KDE. Puxen arriba á dereita a barra coa información, e abaixo a relacionada coas aplicacións. Un detalle a ter en conta é que esta última versión de KDE non ten o concepto de escritorio que tiña por exemplo Windows XP, aquí non podes ter arquivos “no tapiz”, aquí terás que abrir unhas ventaniñas -esos recadros que se ven-, eu teño tres abertas: a carpeta “escritorio”, que é a dos accesos directos, a carpeta persoal (o equivalente a “Mis Documentos”) e unha terceira arriba á esquerda onde aparecen as unidades extraibles (un “Mi Pc”), este foi un dos detalles máis prácticos que atopei, de feito gustoume moito.Pero quitando este detalle non me acabou de convencer:
O menú das aplicacións paréceme algo máis lioso: en Gnome está todo perfectamente organizado xerarquicamente, no outro non se ve tan claro. KDE non está tan refinado, por exemplo mentres faćia unha actualización do sistema poñía os arquivos que se baixaban, e según ía variando o tamaño do nome deses arquivos variaba o ancho da barra, que é unha tontería, pero non da boa imaxe. Gnome é máis visual pero non tan vistoso, é dicir, fai as cousas máis simples pero non tan espectaculares (bueno, se queres tamén as fai espectaulares).
Como conclusión dicir que para alguén que empeza con GNU/Linux creo que é moito máis accesible Gnome. Por exemplo o instalador de aplicacións, pese a gustarme menos que o da versión 9.04 é moi intuitivo, e o certo parecido que garda con XP fai que sexa todo máis facil de comprender para a maioría dos novatos.
Para rematar deixovos unha captura de pantalla co meu escritorio en Gnome:
Comparade e elixide :D.
PD: Se hai alguén interesado nos fondos de pantalla: abella e folla.
Read Full Post »