Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘friki’ Category

A gran evasión

Hoxe deume por volver a ver os videos de Remi Gaillard, a quen estou subscrito no facebook. E atopei, un corto, pero non por iso menos gracioso video del.

Aínda que para min o mellor seguirá sendo o de Rocky!

Read Full Post »

LEGO Technic

Todos coñecemos Lego, e é impresionante ver como catro prismas dan para tanto. Hai unha liña de Lego que non é para cativos, é unha versión bastante máis avanzada que permite multitude de posibilidades: Technic.

Esta liña posibilita a creación de obras de maior complexidade, unha das xoias da corona é este Buldozzer (#8275), que ten unha cantidade de movementos impresionante, asimilables a un bulldozer de verdade:

Pero non todo se limita ás creacións da propia empresa, hai un usuario que creou el só un cambio secuencial a base de pezas de Lego Technic:

(máis…)

Advertisement

Read Full Post »

Final Fantasy VII

Por fin vacacións! E por este motivo estou a xogar ao Final Fantasy VII, ese xogo que marcou a miña adolescencia.

Tras instalalo e xogar algo, deume por frikear e buscar información para completar o xogo (guías de materias, límites, armas…), e atopei con esta guía por youtube:

Let’s Play Final Fantasy VII #001

Read Full Post »

Estamos Perdidos

Hoxe, aínda non sei moi ben por que, decidín dexiar de lado o nome de “Vitor de Palas” nas redes sociais (Tuenti e Facebook), para pasar a poñer o nome real e completo. Unha vez feito isto dixen: “Vou cambiar tamén na conta de Google”. E fíxeno, pero seguín mirando a páxina do perfil, para ver que opcións me daban para completar e atopeime con isto:

Tanto marcou Lost esta xeración como para que apareza un easter egg do tipo de: “Algo que no encuentro con Google” “Oceanic 815”? Claro, que tamén que che deixen un recadro para completar con “Mi superpoder” poderíase considerar digno de mención.

Por certo, o que non atopo con Google é un contrato de traballo desa empresa a nome de Vítor V. V. 😀

Read Full Post »

Referencias culturais (I)

Levo un par de semanas escoitando dúas das bandas de Punk máis representativas dos anos 70: Sex Pistols e The clash. Hoxe lendo a historia de amor entre Sid Vicious e Nancy Spungen entereime de que lles facían unha referencia nos Simpson (capítulo 19×12).

O capítulo é un especial de san valentín, onde contan tres historias “versionadas” por eles, na primeira contan a de Bonnie e Clyde, na segunda a da Dama e o Vagabundo e na terceira a de Sid Vicious e Nancy Sopungen. O caso é que se xa na terceira historia fan referencia ao Punk dos 70, foi unha escena da primeira historia a que me fixo escribir este post:

A “Tommy’s Guns” é a armería que está a atracar Homer, cuxo nome casualmente case coincide co título dunha canción dos The Clash: Tommy Gun. Esta canción seguro que vos sona á maior parte de vós, que por certo, tamén foi versionada polo grupo galego Ruxe Ruxe, e non a conseguín atopar. Bueno, deixovos escoitando a canción orixinal mentres ando a cocer outro post de referencias culturais. Un saúdo.

PD: Nun par de días, o 2 de febreiro, cúmplense 31 anso da morte de Sid, e non consigo quitarme da cabeza aquel anuncio das Dr. Martens:

Read Full Post »

Tekken

Estiven enganchadBryan Furyo á saga do Tekken, en realidade só ás tres primeiras entergas -as de PlayStation-, xa que non tiven oportunidade de xogar a entregas posteriores.  Pois resulta que o outro día deume por buscar un emulador de PlayStation e descargar o xogo para viciar. Bueno, tras iso estiven buscando a historia dos personaxes, e sempre tiven tres que destacaron especialmente: Bryan Fury –kickboxing-, Eddy Gordo –capoeira– e Hwoarang –taekwondo-. Despois de ler as biografías e historias varias, cheguei, non lembro ben como a enterarme de que están facendo película: Tekken.

Pois estiven informándome acerca destes actores que me “interesaban”, e temos a:

  • Gary Daniels facendo de Bryan Fury. Quen tamén aparece no próximo filme de Stallone, The Expendables. Pero del destacaría (vendo só vídeos en Youtube, e ningunha das súas películas) os 10 segundos a partir de onde empeza este video. É escusado ver o resto, polo menos eu non din pasado de un minuto máis. Nótese que o paisano a parte de “actor” tamén é kickboxer.Eddy_t5
  • Lateef Crowder facendo de Eddy Gordo. A quen quizais coñezades da peli Tom-Yum-Goong (tamén chamada The protector), onde mantén esta pelexa con Tony Jaa, moi espectacular, demasiado para parecer verídica :D.
  • E bueno, Jae Hee interpreta a Hwoarang, pero non ten referencias que eu coñeza.

1015_Hwoarang Port 01Non creo que chegue a ter boas pintas, de feito tenme pintas de ser un Dragon Ball (algo máis fiel espero), ou un Mortal Kombat.

Read Full Post »

Top 250

Fai relativamente pouco que vin unha película, Alta Fidelidad, baseada na novela homónima. Unha película basicamente friki -que vin por este motivo, e na que me foderon o final de Enemigos Públicos-, onde o dono dunha tenda de discos presenta as listas das 5 mellores algo (novelas, películas, grupos, singles, etc.) dende o seu punto de vista.

Pois co tema das listas, esta semana lembreime do Top 250 do IMDb, e pensei “Que friki sería se me puxese a ver as películas que aí aparecen”, sabedes que? De momento estou buscando “El bueno, el feo y el malo” e “Doce hombres sin piedad” que son as únicas do Top 10 que non vin -non me apedredes-. A continuación os títulos en español:

1. Cadena Perpetua
2. El Padrino
3. El Padrino: Parte II
4. El bueno, el feo y el malo
5. Pulp Fiction
6. La lista de Schindler
7. 12 angry men
8. Alguien voló sobre el nido del cuco
10. Star Wars: Episodio V. El imperio contraataca

Despois miraremos que pasa de aquí para abaixo 😀

Por certo, Cadena Perpetua mola, pero tanto como para encabezar a lista? A miña lista, a bote pronto, probablemente fora 2, 53, 8, 5… -co 2 e o 53 en empate técnico-.

Read Full Post »

Disparando instantáneas

Onte cheguei ao invento máis friki da historia, e moito, que mirade que estou curado de espantos, pero este chamoume a atención:

Doryu 2-16

A Doryu 2-16, un hibrido entre cámara e pistola que usaba as propias balas recheas de po de magnesio para disparar o flash, igualiño que unha pistola de verdade.

Doryu 2-6 casquilloSeica foi diseñada para a policía xaponesa, pero non triunfaron no mercado civil.

E pregunto eu, que teñen de especial para triunfar no da policía? Que utilidade ten esa forma?A mesma que un mechero con forma de granada como o que trouxo meu pai da mili, que chama máis a atención!

Vía foto.microsiervos

Read Full Post »