Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘foto’ Category

Procrastinando

Pois dado que hoxe é un día no que debería traballar intensamente, como bo usuario de internet que son, ando a procrastinar.  O caso é que buscando unha foto para facer un cartel sobre seguridade nas obras, lembreime desa famosa foto duns obreiros sentados nunha viga. E a partir de aí descubrín que a foto pertence a Lewis Hine, un fotógrafo de princípios do século XX que se dedicou a fotografiar as clases menos favorecidas.

A foto do cartel, Icarus [1930]:

O cartel paso de ensinalo, porque me parece ridículo e simplón. Pero deixovos outras imaxes de Hine que reflexan as condicións de traballo ás que estaban sometidos son:

Putting a steel gilder. Agosto de 1930.

Steam fitter. 1920.

Child Labor. 1910.

E aquí, máis fotos da construcción do Empire State Building.

Advertisement

Read Full Post »

Encántame

Quero un Camello!3661335679_f5c8ea8295A foto sacada polo sempre xenial Ignacio Izquierdo.

Read Full Post »

Disparando instantáneas

Onte cheguei ao invento máis friki da historia, e moito, que mirade que estou curado de espantos, pero este chamoume a atención:

Doryu 2-16

A Doryu 2-16, un hibrido entre cámara e pistola que usaba as propias balas recheas de po de magnesio para disparar o flash, igualiño que unha pistola de verdade.

Doryu 2-6 casquilloSeica foi diseñada para a policía xaponesa, pero non triunfaron no mercado civil.

E pregunto eu, que teñen de especial para triunfar no da policía? Que utilidade ten esa forma?A mesma que un mechero con forma de granada como o que trouxo meu pai da mili, que chama máis a atención!

Vía foto.microsiervos

Read Full Post »

O retorno do Lacazán

A última actualización data do 18 de Setembro…. Manda carallo…. Ao final aínda volvo escribir algo. Pero non prometo nada,  só cando me apeteza e con calma.

De todas formas se queredes seguir ao tanto do que actualizo, eu de vós engancharíame a un lector de feeds, para non ter que andar entrando a diario (crédeme que compensa).

Hoxe para ir abrindo boca, déixovos un vídeo dun descenso sobre neve gravado cunha Canon EOS 5D MkII.

E bueno, tede en conta que pola semana teño pouco tempo, e pouco acceso á rede.

Saúdos, e grazas por lerme.

Vía foto.microsiervos.

Read Full Post »