Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘euat’ Category

Procrastinando

Pois dado que hoxe é un día no que debería traballar intensamente, como bo usuario de internet que son, ando a procrastinar.  O caso é que buscando unha foto para facer un cartel sobre seguridade nas obras, lembreime desa famosa foto duns obreiros sentados nunha viga. E a partir de aí descubrín que a foto pertence a Lewis Hine, un fotógrafo de princípios do século XX que se dedicou a fotografiar as clases menos favorecidas.

A foto do cartel, Icarus [1930]:

O cartel paso de ensinalo, porque me parece ridículo e simplón. Pero deixovos outras imaxes de Hine que reflexan as condicións de traballo ás que estaban sometidos son:

Putting a steel gilder. Agosto de 1930.

Steam fitter. 1920.

Child Labor. 1910.

E aquí, máis fotos da construcción do Empire State Building.

Advertisement

Read Full Post »

Estética

La mayoría de los ingenieros no tienen ninguna formación estética, y la tendencia en las escuelas de ingenieros es despreciar estas materias como frívolas.

Estructuras o por qué las cosas no se caen

J. E. Gordon

Home, tampouco creo que sexa para tanto, eu confórmome con non antepoñer a estética diante da ecoloxía, da práctica ou da economía da obra.

Read Full Post »

Colapso

É quizais un dos ensaios que máis me gustan, resistencia a compresión dunha probeta de formigón. O formigón ten unha resistencia a compresión mínima de entre 15 e 50 MPa -é dicir, duns 150 a 500 Kg/cm2-, vamos, que en teoría a probeta que usamos nós, que podemos equiparar á superficie da base dunha tarrina de CDs (cilíndricas de 30cm de alto e 15cm de diámetro), podería chegar a termar de 88 Toneladas antes de romper (mínimo). Que quere dicir isto? Que eu teño un Fiat Punto que pesa en torno a 1.000Kg, e que unha probeta terma de case 90 Fiat Punto (e calquera coche dun tamaño similar: 206, Clío, Fiesta….) postos un encima un de outro antes de romper.

De todas formas, ver o ensaio cunha probeta maior é máis impactante. É unha rotura perfecta, bonita e impresionante. A rotura aparece a partir do segundo 45.

[Enlace do vídeo en youtube]

É unha rotura perfecta

Read Full Post »

Coñecemento

Hoxe ao xantar estaba facendo zappin, e nunha canle (non lembro en cal) dixeron algo así:

O coñecemento é poder. Pero é máis útil ter ese coñecemento ou saber onde atopalo?

Home, eu penso que a resposta está máis que evidente. E preguntaredes porque estou tan sensible con este tema? Porque levo toda a mañá chapando unha normativa para un exame tipo test, onde as preguntas serían do tipo seguinte:

Cales son as distancias que deberán cumprir unhas rexillas de ventilación?

d) Ningunha das anteriores.

a) Menos de 100mm ao teito e máis de 100mm a calquera esquina.

b) Máis de 100mm ao teito e menos de 100mm a calquera esquina.

c) Máis de 100mm ao teito e máis de 100mm a calquera esquina.

A resposta é a a. Pero non o creo relevante. O relevante é que isto está nas primeiras páxinas do CTE HS.  E é unha normativa, que o día de mañá -cando traballe- terei accesible en todo momento. É absurdo que me obriguen a aprenderme unha recua de datos sen sentido. O ideal sería que me plantexasen casos prácticos que debera de resolver ca normativa nas mans, como na vida real. E despois en base a machacar ir aprendéndoas co paso do tempo, igual que me sei moitas outras cousas de memoria (pi=3,14159….). E como non da tempo a que nos aprendamos toda a normativa no curso, só nos mandan aprender (fixádevos en que digo “mandar aprender” e non “explicar”, porque non, non explica!) unha pequena parte, e como non nos ensinaron a interpretala, chegaremos a unha obra e non saberemos interpretala ben, e poderemos ter serios problemas (vía xudicial ou penal). Pero se ela cre que isto é útil, alá ela, porque sinto informala que pese a ter o primeiro parcial aprobado, só me lembro das medidas das zanxas debido a que por esta pregunta case suspenso (unha mal, resta unha ben… e eu andaba na corda frouxa).

Menos mal que é unha “profe progre” que se quere adaptar ao plan Boloña…. unha parte xa a fai: a de non explicar.

Read Full Post »

Gilipollas!

Mars AttacksUnha profesora da EUAT contábanos as diferencias entre morteiros de cal e de cemento. Para isto dicía que se unimos dous ladrillos con morteiro cemento e ao momento levantamos termando do ladrillo superior, o inferior caerá. Sen embargo se facemos a mesma operación con morteiro de cal o ladrillo inferior termarase debido ás tensións producidas pola auga. Para mostrar isto puxo dous vídeos no proxector (si, usando un artiluxio cuxa tecnoloxía é posterior á segunda metade do século pasado…. cousa rara chico), e para enfatizar a acción dixo:

La gravedad existe, no me fui a Marte a hacer el experimento…..

Ains… claro como os marcianos voan porque non hai nada que terme deles….

u_u’

Read Full Post »