Un vídeo de Ken Block conducindo un Subaru Impreza WRX STi polo porto de Los Ángeles para patrocinar DC Shoes. Para min as dúas partes máis significativas aparecen nos puntos 2:10 e 3:40, aínda que no 3:10 tampouco se queda curto pasando tan preto de caer á auga. Sen quitarlle mérito visual ás escenas dos globos de auga e das barras de luz.
Pero tamén existe un primeiro vídeo gravado nun aeroporto, que non chega a ser tan impactante, pero no 3:05 tamén garda bastante espectáculo.
Tamén ten outro vídeo no que aparece saltando uns 50 metros. E como dixo un compañeiro meu de clase “Que mérito ten se o único que fixo foi pisar o acelerador”. Si, e poñer os collóns.
[Creo que xa puxera estes dous últimos vídeos no outro blog pero non a atopei].
Hoxe, día 19 de abril é a “Feira do queixo” aquí en Palas, está isto que parece unha cidade e todo, non hai onde aparcar, e hai moitísimos coches circulando pola estrada.
Pois resulta que tiven que ir á casa de miña avoa a levarlle unhas cousas alí, e para o meu pesar tiven que atravesar toda a vila (de cabo a rabo). E pese a non ir pola estrada “principal” tiven algo de cola, pero a maior parte dela foi provocada por culpa dos maleducados peatóns, que se cren os reis do mambo e circulan polo medio da estrada como se fose súa facendo esperar os coches. E o peor non é iso, o peor é que aínda teñen máis que dicir. E un garda civil de tráfico mirando e sen dicirlles nada.
Somos todos unha panda de incivilizados egoístas, feito do que xa me dera conta antes de arrincar co coche, posto que para montarme nel, tiven que montarme polo asento do acompañante, porque un subnormal dun A4 estaba aparcado pegado ao meu coche polo lado do condutor sen deixarme sitio para abrir a porta.
Para rematar vou expoñer dous feitos dos que fun testemuña:
O primeiro aconteceume en Arzúa fai un par de semanas. Eu ía cara Santiago, e estaba esperando a que o coche que estaba diante miña se metera á esquerda, e mentres, polo outro carril viñan un coche e unha ambulancia cas luces postas, e resulta que o coche que ía diante da ambulancia a parte de andar lacazaneando tivo que parar porque un peatón se meteu a cruzar facendoo parar, e facendo parar á ambulancia.
E o segundo aconteceu en Palas fará un ou dous anos, estabamos parados nun paso de peóns agardando a que cruzase unha persoa, e resulta que un subnormal ponse a adiantarnos case levándose ao peatón por diante.
Son dúas anécdotas que me deixaron bastante marcado, sobre todo a segunda, da primeira lémbrome porque foi bastante recente.
PD: Por atropellar estes desertores do arado -de aí a canción que encabeza o post- nestas circustancias tiñanche que dar dos puntos para que acumularas no carnet.
Estaba vendo un documental da canle Historia: “Grandes Coches“, e neste primeiro episodio fala do Land Rover, e fai a seguinte afirmación:
Estímase que actualmente seguen en uso 3/4 de todos os Land Rover fabricados.
Manda carallo, a fabricación comezou no 1949, iso significa que son a hostia en verso. Iso si que é calidade, e non o de agora que é todo para usar e tirar. Malditas modas.
Encántanme os Land Rover, de feito a miña virxindade -condutora- perdina nun Defender descapotable cor laranxa, foi o primeiro coche que “conducín un anaco”, aínda que en realidade o primeiro coche que pilotei foi un Suzuki Samurai (pero este non foron máis de 200m).
Cando teña cartos, gustaríame ter un dos antigos, e telo en bo estado, ainda que a utilidade práctiva varía entre pouca e moi pouca.
Os comentarios serán moderados tan só a primeira vez que se use o sobrenome. Unha vez aprobado o primeiro comentario, o resto xa se publicarán automaticamente.