Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘blog’ Category

Mallando

Hoxe quería presentarvos un novo proxecto común a tres blogueiros. Un deles son eu e outros dous son blogueiros próximos a min: Iago e Luisinho.

Imos pretender crear un blog sobre o que nos gusta, pero con contidos técnicos, é dicir, para temas persoais e de entretemento seguirei gardando este blog, ao cal teño ganas de darlle caña, aínda que ultimamente está bastante complicado.

Asique se vos interesa pasade por mallando.com ou pola páxina de twitter, onde lincaremos entradas externas que tratan temas relacionados co noso.

E xa sabedes, se vos gusta compartide e comentade 🙂

Read Full Post »

Queridos lectores

Desculpade o maltrato que leva a cabo un servidor con este blogue.  Pero agora, en plenos exames de decembro, non dou máis de min. Pero tranquilos, que como un Fenix este blogue rexurdirá das súas cinzas con máis forza ca nunca. E se non é este blog, algo farei, pero un non deixa internet así polas boas. Ándase a cocer algo pola onda 🙂

Podedes seguirme no meu perfil de twitter: twitter.com/vitorpalas 🙂 E podedes folowearme que tampouco está de máis.

Read Full Post »

Nova Cabeceira

Atopei unha foto buscando a ilustración da última entrada. Queda de cabeceira 😀

novacabeceira

Read Full Post »

Blog day 09

Seica hoxe é día de marcar os 5 blogs que che parecen máis interesantes. E xa está a punto de rematar o día, pois  eu quedo con:

A Ulloa en fotos. Un blogue que cumpre o que di, fotos da comarca da Ulloa. Aínda que deberás atravesar o espello para ver A outra Ulloa.

Crónicas de una cámara. O diario de unha volta ao mundo, amosándonos que viaxar non é facer turismo. Cunha cantidade e calidade fotográfica impresionante.

Fogonazos. Unha bitácora clásica, unha gran cantidade de anécdotas contadas através de aberrón.

Maikelnai’s blog. Outro asturiano, que escribe unha bitácora científica con grandes doses de humor.

Make: en español. Pois un blog paralelo á homónima bitácora de fala inglesa.

Acábanme de recriminar que poño blogs coñecidos -Maikel e Fogonazos-. Sintoo, pero eses son 5 blogs cos que me quedaría sen dubidalo. Descartei algún máis que tamén debería estar por ahí, pero so hai 5, sintoo. 😀

PD: O que máis enganchado me ten agora mesmo é Crónicas de una Cámara… eu quero!!

Read Full Post »

Pois ao final, despois de darlle voltas a isto do twitter, que non lle vía gran utilidade, cheguei á conclusión utilizalo para facer referencia a entradas exteriores a este blog. Vai durar moito? Vai valer de algo? Xa volo direi pasada unha tempada.

Se entrades no blog da maneira tradicional, teredes as entradas arriba á dereita, e se entrades vía feed, tedes aquí o link, ao que tamén vos poderedes subscribir.

De momento vou disfrutar do meu parentesé de estudo (fin de semana de descanso). Para volverme amorrar o luns aos libros duramente para preparar os exames de xuño.

Read Full Post »

Síndrome de Estocolmo

Estas tres entradas foron debidas a un síndrome de Estocolmo tras pechar o blog.

Pero con esta entrada si q me dou de baixa do blogomillo.

Unha aperta!

Read Full Post »