Todos coñecemos Lego, e é impresionante ver como catro prismas dan para tanto. Hai unha liña de Lego que non é para cativos, é unha versión bastante máis avanzada que permite multitude de posibilidades: Technic.
Esta liña posibilita a creación de obras de maior complexidade, unha das xoias da corona é este Buldozzer (#8275), que ten unha cantidade de movementos impresionante, asimilables a un bulldozer de verdade:
Pero non todo se limita ás creacións da propia empresa, hai un usuario que creou el só un cambio secuencial a base de pezas de Lego Technic:
Pero non contento con esto, o mesmo usuario creou un Bugatti Veyron tamén con pezas de Lego, con multitude de detalles, e incluso con ese mesmo sistema de cambio pero mecanizdado, aquí tedes unha (demasiado) pequena entrevista do creador:
No seguinte video, mostra o mando, e os sistemas de dirección e freno -freno, non reducción de velocidade do motor-:
E no último, mostra o freno, a capota, o alerón, e o cambio secuencial instalado na réplica. Se vos fixades, ca dirección móvese o volante, e co cambio a palanca de marchas:
Como diría un coleca meu: “É un puto Crack!!”
Canle de youtube: Sheepo86.
Antes de nada, moi boa a iniciativa a do blog!
A verdade é que o pasiana que fai estes cacharros é un crack, ten unha calección que é unha pasada e cada un mellor ca outro.
Vitor, intentarei visitar esto a menudo e ti espero que actualices. Cando encontre algo interesante xa cho pasarei, que esta iniciativa non pode quedar aquí!