Fai un anaco, no blogue de Iago Varela vin uns videos que xa vira hai tempo, pero que me recordan que cun pouco de enxeño non é tan complicado facer un xogo das cousas máis monótonas e aburridas, ben sexa facendo unhas escaleiras-piano musicais, un cubo da basura cun fondo moi moi fondo, unha alfombra scratch ou un colector de vidro arcade.
Todos estes videos (e a sensación que producen) volveron a min cunha entrada máis recente de Pixel y Dixel, unha campaña publicitaria de Volkswagen na que che preguntan se estás preparado para facer as cousas un chisco máis rápido. Para esto fan unhas pequenas modificacións nun carriño da compra:
Un ascensor pouco menos que a reacción:
Ou un pequeno tobogán sobre unhas escaleiras de metro :).
Teño claro, que algún día farei un hack dun carriño da compra, ben sexa un como o da entrada, unha barbacoa, un motorizado ou algún dos que aparece por instructables.
Luz Varela Armas 15 Xullo ás 1:08
https://vitorpalas.wordpress.com/2010/07/14/lego-technic/#more-366
https://vitorpalas.wordpress.com/2010/07/08/are-you-ready-for-the-fast-lane/
https://vitorpalas.wordpress.com/2010/07/14/lego-technic/#more-366
vitorpalas.wordpress.com
Juan Varela Armas 15 Xullo ás 3:40
que puto crack o do lego e bueno os de volsvaguen (non sei como se escribe xd) xa poian facer esas cusas por aqui jaja
Luz Varela Armas 15 Xullo ás 3:44
Molouche ehh
(de paso tamén podes comentar no blog, que así seguro que gañas puntos con Vítor e igual te agrega no Facebook tamén xD)
Juan Varela Armas 15 Xullo ás 16:40
alaaa alaaa eso se teño tempo libre jaja
e mira ti que si que teño tempo libre jaja
xD Así me gusta, visitar visitar!! 😀
que grandes! xDD
[…] 30 Xullo 2010 por Vitor Pouco despois de publicar “Are you ready for the FAST LANE?” aparecia publicada en Make: Online unha entrada cunha pequena campaña publicitaria duns […]