Hoxe, aínda non sei moi ben por que, decidín dexiar de lado o nome de “Vitor de Palas” nas redes sociais (Tuenti e Facebook), para pasar a poñer o nome real e completo. Unha vez feito isto dixen: “Vou cambiar tamén na conta de Google”. E fíxeno, pero seguín mirando a páxina do perfil, para ver que opcións me daban para completar e atopeime con isto:
Tanto marcou Lost esta xeración como para que apareza un easter egg do tipo de: “Algo que no encuentro con Google” “Oceanic 815”? Claro, que tamén que che deixen un recadro para completar con “Mi superpoder” poderíase considerar digno de mención.
Por certo, o que non atopo con Google é un contrato de traballo desa empresa a nome de Vítor V. V. 😀