Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Abril 2010

El androide libre

El androide libre fai un sorteo dun Nexus One, si, ese mobil tan de moda últimamente. Pois se queredes participar, basta con que fagades unha entrada similar a esta e que a publiquedes no voso blogue, e que lles comentedes na entrada do sorteo.

Bueno  rapaces, sorte a todo, pero máis para min 😀

Advertisement

Read Full Post »

38/100 para ver antes de morrer

Faltan películas anteriores ao 90, e faltan varias desta época que marcaría.

•    Goodfellas (1990)
•    Misery (1990)
•    Beauty and the Beast (1991)
•    The Silence of the Lambs (1991)
•    Terminator 2: Judgment Day (1991)
•    Thelma and Louise (1991)
•    Hard Boiled (1992)
•    Malcolm X (1992)
•    The Player (1992)
•    Raise the Red Lantern (1992)
•    Supercop (1992)
•    Unforgiven (1992)
•    Dazed and Confused (1993)
•    Groundhog Day (1993)
•    Schindler’s List (1993)
•    Chungking Express (1994)
•    Ed Wood (1994)
•    Forrest Gump (1994)
•    Pulp Fiction (1994)
•    Red (1994)
•    Babe (1995) <== por esto perde credibilidade a lista
•    Before Sunrise (1995)
•    Clueless (1995)
•    Heat (1995)
•    Living in Oblivion (1995)
•    Sense and Sensibility (!995)
•    Toy Story (1995)
•    The Usual Suspects (1995)
•    Big Night (1996)
•    Dead Man (1996)
•    Fargo (1996)
•    Ghost in the Shell (1996)
•    Lone Star (1996)
•    Scream (1996)
•    Secrets and Lies (1996)
•    Sling Blade (1996)
•    Swingers (1996)
•    Trainspotting (1996)
•    Boogie Nights (1997)
•    Eve’s Bayou (1997)
•    L.A. Confidential (1997)
•    The Sweet Hereafter (1997)
•    Titanic (1997)
•    The Big Lebowski (1998)
•    Fireworks (1998)
•    Out of Sight (1998)
•    Saving Private Ryan (1998)
•    There’s Something About Mary (1998) <== sin comentarios….
•    All About My Mother (1999)
•    American Beauty (1999)
•    Being John Malkovich (1999)
•    Election (1999)
•    Fight Club (1999)
•    The Matrix (1999)
•    Princess Mononoke (1999)
•    Run Lola Run (1999)
•    The Sixth Sense (1999)
•    Three Kings (1999)
•    Almost Famous (2000)
•    Best in Show (2000)
•    Crouching Tiger, Hidden Dragon (2000)
•    Yi Yi (2000)
•    Amelie (2001)
•    Donnie Darko (2001)
•    In the Mood for Love (2001)
•    The Lord of the Rings (2001)
•    Memento (2001)
•    Mulholland Drive (2001)
•    The Royal Tenenbaums (2001)
•    The Pianist (2002)
•    Y Tu Mama También (2002)
•    City of God (2003) <== A que máis me gustou da lista
•    Elephant (2003)
•    Finding Nemo (2003)
•    Anchorman: The Legend of Ron Burgundy (2004)
•    Eternal Sunshine of the Spotless Mind (2004)
•    Shaun of the Dead (2004)
•    Sideways (2004)
•    The 40 Year Old Virgin (2005)
•    Brokeback Mountain (2005)
•    A History of Violence (2005)
•    Oldboy (2005)
•    Borat (2006)
•    Children of Men (2006)
•    The Lives of Others (2006)
•    Pan’s Labyrinth (2006)
•    4 Months, 3 Weeks, and 2 Days (2007)
•    The Bourne Ultimatum (2007)
•    The Diving Bell and the Butterfly (2007)
•    Michael Clayton (2007)
•    No Country for Old Men (2007)
•    There Will Be Blood (2007)
•    The Dark Knight (2008)
•    Slumdog Millionaire (2008)
•    Wall-E (2008)
•    Avatar (2009)
•    The Hurt Locker (2009)
•    Inglourious Basterds (2009)

Así a bote pronto faltan: El caso Bourne (se meten o Ultimátum….), Cadena perpetua (se é a primeira da lista de imdb…), Infiltrados, Eduardo manostijeras, Sin City, León – El profesional…. Calquera delas gustoume máis que o 50% das marcadas na lista. E outras moitas non as vexo porque simplemente non me chaman.

Vía non era preciso….

Read Full Post »

Pintando

Unha das múltiples queixas de Ubuntu polos usuarios de escritorio é a falta dun MSPaint ou similar que permitise facer operacións de recorte ou redimensionado de imaxes ca mesma facilidade. Pois atopei un sustituto á altura, estou a falar do KolourPaint, que funciona en KDE, Gnome e Xface. Este programa ten as mesmas funcións que o Paint de Microsoft ca mesma sinxeleza, pero ademáis implementa outras como son a posibilidade de deixar fondos transparentes, máis posibilidades para a redimensión ou recorte de imaxes ou a posibilidade de modificar brillo, contraste ou saturación.

KolourPaint no escritorio de VitorPalas

Se queredes instalalo basta con que o busquedes no “Centro de Software Ubuntu” (o anterior “Agregar e quitar“), que o descarguedes na páxina oficial, ou que tecleedes na terminal:

sudo apt-get install kolourpaint

Se tamén queredes un sustituto do Bloc de Notas, probade o Gedit, que xa ven preinstalado en gnome, está en “Aplicacións/Accesorios” e chámase “Editor de textos Gedit”. Para KDE teredes que usar o Kate. Tamén máis completos que o de MS.

Read Full Post »

No Skins, no party.

Cada vez que me enfronto a unha serie nova aparece ese dilema: véxoa en V.O.S. ou dobrada? A versión orixinal subtitulada permíteme percibir mellor a esencia da serie, e a versión dobrada fai que a serie me pareza máis dinámica xa que a atención que precisa é menor. E como contras, cómpre dicir que moitas veces os subtítulos están francamente mal feitos (erros ortográficos, de sintaxe e demáis) e as dobraxes moitas veces non son fieis ao orixinal.

Unha das series que estou seguindo é unha producción británica, Skins. A serie é un drama altamente recomendable que trata a vida dunha pandilla de adolescentes no seu paso polo insituto, esa época de festas, alcohol, excesos e drogas. Levan catro temporadas e dúas xeracións (unha xeración da para dúas temporadas) onde, por norma xeral, lle dedican un capítulo a cada membro da pandilla.

Unha das mellores bazas da serie é a música, de feito na páxina ofixial teñen unha lista das cancións que soan nos capítulos, e hai listas de reprodución para o Spotify (grazas polos enlaces Luís). Pois o capítulo 3×02 comeza con Cook vestíndose mentres soa unha canción -tranquilos, non hai spoilers-: (os videos teñen a inserción desactivada, podedes clickar nos enlaces de abaixo para velos en YouTube)

[Cook, The Ace of Spades Skins 3×02]

A canción é Motörhead – The ace of Spades, como se pode observar Cook cántaa, tararéaa e fai air guitar, pero… que acontece na versión dobrada? Vexamos -deixade de vela onde remata o primeiro video-:

[Skins Español 3×02 1/6]

Cambian a canción, e a voz de Cook non está sincronizada cos movementos da boca nin nada, vergonzoso! A partir de agora xa me decidín, vou ver todas as series e películas que poida en V.O.S. A poder ser cuns subtítulos decentes, que moitas veces nin os oficiais me convencen….

Recoméndovos a serie, xa sabedes: No skins, no party!

Enlaces de descarga en: skinsblog.es.

Read Full Post »