Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2010

Un dos dez magníficos

Un pequeno resumo da vida cinematográfica de Quentin Tarantino, quen xa de rapaz traballou como acomodador nunha sala de Cine X, para rematar traballando nun videoclub. Estes traballos empregounos para adquirir grandes coñecementos de cine, do comic e da música, esa gran aliada nas súas películas. Esta paixón pola música deixase ver nun dos mellores momentos de Pulp Fiction, cando Vincent Vega chega á casa de Mia, e esta acende a radio mentres sona “Girl, You’ll Be a Woman Soon“, ou mr. Blonde (Vic Vega) co seu Stuck in the Middle (tamén parodiada polos Simpson: Reservoir Cats).

Tamén foi parodiado no Celibrities de Muchachada Nui, e o seu “Robert Rodriguez y yo somos hermanos de ojete” 😀

Este resumo pertence á serie “Los 10 magníficos”, onde fala dos que a serie considera os 10 directores máis relevantes: lista de reproducción en Youtube.

Cheguei a través do facebook de Carlinhos, quen tiña enlazado o video dos Coen. “Que me cuentin Tarantino?”

E como bonus, unha curta de Tim Barton (outro dos 10): Vincent 🙂

Advertisement

Read Full Post »