Hoxe recibín unha presentación a favor do uso do galego na que daban a entender que Vázquez era un apelido galego, e a curisidade e a dúbida levaronme a preguntarlle a LuZiNhA se iso era certo, aquí queda o que me contestou:
Vázquez rexístrase en textos galegos desde o s. XIV (en textos notariais, polo que é o apelido de persoas reais, non de personaxes literarias nin nada polo estilo). Ademais é un apelido moi frecuente en textos medievais.
Por outra parte, o s. XIV é unha data tardía no que á cronoloxía medieval se refire, si, pero hai que ter en conta que Vázquez é un patronímico, é dicir, significa fillo de Vasco, e Vasco xa se rexistra desde o s. XIII. Agora ben, o étimo de Vasco parece ser (gens) vasconu(m), a denominación que os romanos lles deron aos poboadores de Euskadi (probablemente baseada noutra máis antiga), que daría lugar a unha forma vascón e, posteriormente, a vasco. Con todo, aínda que se trate do xentilicio de Euskadi, isto non lle quita galeguidade ao apelido, xa que non deixa de ter unha historia moi longa no territorio galego.
En canto ao paso de Vasques a Vázquez, no que se refire á terminación -ez é simplemente a desaparición do seseo, totalmente regular. O caso de Vas- parece diferente, xa que o étimo vasconu(m) non xustifica a aparición da interdental (do z, para entendérmonos), polo que seguramente se trate dunha hipercorrección a partir da desaparición do seseo, igual cá que se dá no apelido Reices, que é unha das formas de realizar o plural de rei e tería que ser regularmente Reises, con ou sen seseo.
Vamos, que non hai que dubidar da galeguidade de Vázquez, que aínda que reflicta un remoto pasado vasco leva aquí xa moito tempo…
Graciñas Luz 😀
Mira que son friki, co fácil que me era contestarche simplemente “si, é galego” xD
Hipercorrección a partir da desaparición do seseo (ou, como prefiro eu, da aparición do cetacismo, cousas de UdC vs. USC), que tamén é o que ocorre no caso do que estivemos falando de “receso” en vez de “reseso”. (Reseso é a forma normativa).
É bastante máis lóxico falar de aparición do cetacismo, a verdade é tanta… cuestión de costume :s
Co de “receso” e “reseso” supoñía que algo diso había, pero non tiña moi claro o étimo (recessum?), e non sabía se se trataba dunha hipercorrección ou se etimoloxicamente podía aparecer aí a interdental.
Como eu dubidaba entre “receso” e “reseso”, o primeiro que pensei é que podía darse a conservación do seseo de xeito non sistemático nesa palabra en zonas non seseantes, aínda que etimoloxicamente debese ser con interdental (de xeito semellante ao que acontece con “torresmo”, se non lembro mal). Pero dáme a min que a miña dúbida se ten que deber á influencia do estándar, porque na miña casa todos din “receso” xD Así que o resto das miñas suposicións tampouco teñen moito xeito, está claro que non son unha informante fiable xD
Micho di receso e eu digo receso. Xa o dixen xD
E eu xa non sei nin o que digo… xDD
Por certo… outra hipótese xD é posible que o étimo non sexa “vasconu(m)”, senón directamente o éuscaro “belasko” (que en castelán ten como resultado “Velasco”). De todos os xeitos parece que as dúas explicacións deben estar relacionadas.
Non teño fontes fiables á man, sorry :s
Segundo o xerais,
receso < recessu
reseso < descoñecido.
Ándame na cabeza que poida ser de substrato… vocabulario básico que é significativo culturalmente e que só se conserva en galego…
iso podería explicar a diferencia sen necesidade dunha evolución etimolóxica diferente, aínda que tamén é posible que a diferencia só sexa debida a cultismo vs patrimonial.
Ademais que non me imaxino unha transmisión de significado no que “reseso” teña que ver con “retroceder”…
A min iso tampouco me acaba de cadrar, pero como era o máis próximo que atopei… Estiven mirando máis, e nalgúns dicionarios portugueses relaciónaa con “reseco” ou “re+sessum”, pero son todo hipóteses (http://www.lexico.pt/ressesso/). E no Houaiss (que é o que uso habitualmente para estas cousas), nin aparece… :s
Desde logo parece que é unha forma só galega, porque aínda aparece recollida nalgúns dicionarios portugueses, algún indica que é propia de Trás-os-Montes (http://www.priberam.pt/DLPO/default.aspx?pal=ressesso).
Por outra parte, a grafía que ten en portugués (“ressesso”) parece que deixa claro que “receso” é unha hipercorrección.
graciñas polos parabéns sr. anónimo 😉
xa non queda casi nada!