Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xaneiro 2010

Orixes

Hoxe recibín unha presentación a favor do uso do galego na que daban a entender que Vázquez era un apelido galego, e a curisidade e a dúbida levaronme a preguntarlle a LuZiNhA se iso era certo, aquí queda o que me contestou:

Vázquez rexístrase en textos galegos desde o s. XIV (en textos notariais, polo que é o apelido de persoas reais, non de personaxes literarias nin nada polo estilo). Ademais é un apelido moi frecuente en textos medievais.

Por outra parte, o s. XIV é unha data tardía no que á cronoloxía medieval se refire, si, pero hai que ter en conta que Vázquez é un patronímico, é dicir, significa fillo de Vasco, e Vasco xa se rexistra desde o s. XIII. Agora ben, o étimo de Vasco parece ser (gens) vasconu(m), a denominación que os romanos lles deron aos poboadores de Euskadi (probablemente baseada noutra máis antiga), que daría lugar a unha forma vascón e, posteriormente, a vasco. Con todo, aínda que se trate do xentilicio de Euskadi, isto non lle quita galeguidade ao apelido, xa que non deixa de ter unha historia moi longa no territorio galego.

En canto ao paso de Vasques a Vázquez, no que se refire á terminación -ez é simplemente a desaparición do seseo, totalmente regular. O caso de Vas- parece diferente, xa que o étimo vasconu(m) non xustifica a aparición da interdental (do z, para entendérmonos), polo que seguramente se trate dunha hipercorrección a partir da desaparición do seseo, igual cá que se dá no apelido Reices, que é unha das formas de realizar o plural de rei e tería que ser regularmente Reises, con ou sen seseo.

Vamos, que non hai que dubidar da galeguidade de Vázquez, que aínda que reflicta un remoto pasado vasco leva aquí xa moito tempo…

Graciñas Luz 😀

Advertisement

Read Full Post »

Referencias culturais (I)

Levo un par de semanas escoitando dúas das bandas de Punk máis representativas dos anos 70: Sex Pistols e The clash. Hoxe lendo a historia de amor entre Sid Vicious e Nancy Spungen entereime de que lles facían unha referencia nos Simpson (capítulo 19×12).

O capítulo é un especial de san valentín, onde contan tres historias “versionadas” por eles, na primeira contan a de Bonnie e Clyde, na segunda a da Dama e o Vagabundo e na terceira a de Sid Vicious e Nancy Sopungen. O caso é que se xa na terceira historia fan referencia ao Punk dos 70, foi unha escena da primeira historia a que me fixo escribir este post:

A “Tommy’s Guns” é a armería que está a atracar Homer, cuxo nome casualmente case coincide co título dunha canción dos The Clash: Tommy Gun. Esta canción seguro que vos sona á maior parte de vós, que por certo, tamén foi versionada polo grupo galego Ruxe Ruxe, e non a conseguín atopar. Bueno, deixovos escoitando a canción orixinal mentres ando a cocer outro post de referencias culturais. Un saúdo.

PD: Nun par de días, o 2 de febreiro, cúmplense 31 anso da morte de Sid, e non consigo quitarme da cabeza aquel anuncio das Dr. Martens:

Read Full Post »

Procrastinando

Pois dado que hoxe é un día no que debería traballar intensamente, como bo usuario de internet que son, ando a procrastinar.  O caso é que buscando unha foto para facer un cartel sobre seguridade nas obras, lembreime desa famosa foto duns obreiros sentados nunha viga. E a partir de aí descubrín que a foto pertence a Lewis Hine, un fotógrafo de princípios do século XX que se dedicou a fotografiar as clases menos favorecidas.

A foto do cartel, Icarus [1930]:

O cartel paso de ensinalo, porque me parece ridículo e simplón. Pero deixovos outras imaxes de Hine que reflexan as condicións de traballo ás que estaban sometidos son:

Putting a steel gilder. Agosto de 1930.

Steam fitter. 1920.

Child Labor. 1910.

E aquí, máis fotos da construcción do Empire State Building.

Read Full Post »

Trailer Tekken

Xa saíu o trailer da película sobre o videoxogo do mesmo nome:

Ostias gordas cuns escenarios, que como xa dixen, recordarannos a Mortal Kombat (trailer). E Jin ten pintas, con perdón, de pringado. Bue, como o resto en realidade :S.

Read Full Post »

Videotutoriales de Guía Ubuntu

Hoxe escribovos debido a que navegando por Guía Ubuntu (wiki sobre Ubuntu) cheguei á súa propia canle de Vimeo.

Ten algún video tutorial interesante, como por exemplo Instalando Ubuntu:

Read Full Post »

KDE: Conclusións

Onte falei do openSUSE, pois despois de trastear con el un anaco e de non enterarme moito decidín volver instalar Ubuntu, pero esta vez con xestor de escritorio KDE (cando ata o momento sempre usei Gnome), é dicir, instalei Kubuntu. Pese a levar varios anos sendo usuario de GNU/Linux aínda non teño claro de todo a diferencia entre ambos escritorios. Visualmente cabe destacar que o KDE é máis punzante, máis agresivo, máis frío, máis “metal”, por dicilo dalgunha maneira. Sen embargo Gnome é máis redondeado, máis pacífico, máis cálido, máis “madeira”. Ademáis disto, teñen aplicacións -programas-  diferentes.

Este é o estado no que quedou o meu escritorio, ten unha abella de fondo, e ese amarillo dalle unha calidez que non é habitual en KDE. Puxen arriba á dereita a barra coa información, e abaixo a relacionada coas aplicacións. Un detalle a ter en conta é que esta última versión de KDE non ten o concepto de escritorio que tiña por exemplo Windows XP, aquí non podes ter arquivos “no tapiz”, aquí terás que abrir unhas ventaniñas -esos recadros que se ven-, eu teño tres abertas: a carpeta “escritorio”, que é a dos accesos directos, a carpeta persoal (o equivalente a “Mis Documentos”) e unha terceira arriba á esquerda onde aparecen as unidades extraibles (un “Mi Pc”), este foi un dos detalles máis prácticos que atopei, de feito gustoume moito.Pero quitando este detalle non me acabou de convencer:

O menú das aplicacións paréceme algo máis lioso: en Gnome está todo perfectamente organizado xerarquicamente, no outro non se ve tan claro. KDE non está tan refinado, por exemplo mentres faćia unha actualización do sistema poñía os arquivos que se baixaban, e según ía variando o tamaño do nome deses arquivos variaba o ancho da barra, que é unha tontería, pero non da boa imaxe. Gnome é máis visual pero non tan vistoso, é dicir, fai as cousas máis simples pero non tan espectaculares (bueno, se queres tamén as fai espectaulares).

Como conclusión dicir que para alguén que empeza con GNU/Linux creo que é moito máis accesible Gnome. Por exemplo o instalador de aplicacións, pese a gustarme menos que o da versión 9.04 é moi intuitivo, e o certo parecido que garda con XP fai que sexa todo máis facil de comprender para a maioría dos novatos.

Para rematar deixovos unha captura de pantalla co meu escritorio en Gnome:

Comparade e elixide :D.

PD: Se hai alguén interesado nos fondos de pantalla: abella e folla.

Read Full Post »

openSUSE

Hoxe descarguei (legalmente señora Gonzalez-Sinde) e instalei o openSUSE, outro sabor de GNU/Linux, distinto de Ubuntu. Teño instalada a versión 11.2 con entorno KDE. O primeiro que te atopas, xusto despois de meter o contrasinal e sen modificar nada é isto:

Pinta bonito, o verde gústame, pero inicialmente xa se me fai bastante raro que a barra de ferramentas estea abaixo.

Seguiremos probando e contareivos como evoluciona o tema.

Read Full Post »