Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Outubro 2009

Censura?

Dixen o outro día que non ía criticar moito máis aos políticos. Pois contaba con iso, de feito no outro blog se o fixen foi moi rara vez. Pero home, é que xa me estou cansando, paréceme vergonzoso como se nos trata, como xestionan [malgastan] os cartos que obteñen dos nosos impostos, como funciona o enchufismo, como se manipula nos medios de comunicación (nunca pensei dicir isto, sempre tachei de conspiranoico a quen o dicía; este é un exemplo que roza o cómico), e como nos din o que podemos ou non ver (Saw VI clasificada como X u_u’).

Señores, aquí algo falla, sei o que é, alguén ten algunha idea de como solventalo? Creo que deberiamos facer un comité de sabios que regulasen isto, e non unha panda de politicuchos noxentos que en moitos casos ou non están preparados (academicamente digo) para o posto ou teñen intereses no cargo que desempeñan.

E con isto só pretendo dicir que quen manda aquí da noxo, pero que a oposición da o mesmo noxo (nin máis nin menos).

PD: O do título é porque o que me inspirou para escribir esta entrada foi a clasificación de Saw VI.

Advertisement

Read Full Post »

Ananos todos

“A todos nos gusta pensar que la ciencia es un ejemplo brillante del poder de cooperación… Como dijo Newton en su famosa cita: “Si he visto más lejos, es porque caminaba a hombros de gigantes”. Pero… a veces me doy cuenta de que la gran ciencia necesita de grandes enemigos. Y me acuerdo de las palabras del premio Nobel de Física, Murray Gell-Mann: “Si he visto más lejos que otros, es porque estoy rodeado de enanos“.

Amanda Gefter, en New Scientist.

A vía a ten un par de semanas, pero acabo de volver chegar a ela de casualidade, e segue parecéndome xenial.

Read Full Post »

Produto nacional

Pois pensando no produto nacional do mundo da animación, lembreime de Miguelanxo Prado, creador do personaxe do Xabarín.  É director do salón do comic coruñes, é dicir, Viñetas desde o Atlántico. Tamén cruzou o Atlántico para traballar nun proxecto de Spielberg (ese do extraterrestre e os dinosaurios) en Dreamworks (os de Antz, Shrek ou Bee Movie), que foi no que pensei inicialmente á hora de escribir este post, a serie animada de Men In Black, que botaban, se non lembro mal, na 2 de tve aos mediodías. Ademáis fixo un largometraxe animado: De Profundis, o cal non coñecía.

meninblackPor certo, en Viñetas desde o Atlántico trouxeron a Tim Sale, debuxante dos bocexos da serie Heroes, e dalgunha etapa de Batman e de Grey Hulk entre outros. Debuxos un, dous e tres.

Read Full Post »

Colapso

É quizais un dos ensaios que máis me gustan, resistencia a compresión dunha probeta de formigón. O formigón ten unha resistencia a compresión mínima de entre 15 e 50 MPa -é dicir, duns 150 a 500 Kg/cm2-, vamos, que en teoría a probeta que usamos nós, que podemos equiparar á superficie da base dunha tarrina de CDs (cilíndricas de 30cm de alto e 15cm de diámetro), podería chegar a termar de 88 Toneladas antes de romper (mínimo). Que quere dicir isto? Que eu teño un Fiat Punto que pesa en torno a 1.000Kg, e que unha probeta terma de case 90 Fiat Punto (e calquera coche dun tamaño similar: 206, Clío, Fiesta….) postos un encima un de outro antes de romper.

De todas formas, ver o ensaio cunha probeta maior é máis impactante. É unha rotura perfecta, bonita e impresionante. A rotura aparece a partir do segundo 45.

[Enlace do vídeo en youtube]

É unha rotura perfecta

Read Full Post »

Pi é exactamente 3

Leamos na Biblia a ver que pasa:

Hizo fundir asimismo un mar de diez codos de un lado al otro, perfectamente redondo; su altura era de cinco codos, y lo ceñía alrededor un cordón de treinta codos.

1º de Reyes 7:23

Dende neno, sempre me explicaron que “2·[Pi]·R=Perímetro”, como o diámetro é o doble do radio podemos sustituir: “[Pi]·D=Perímetro”.

Pois se tomtamos os datos do texto temos que “[Pi]·10=30” => “[Pi]=(30/10)=3”. E isto vai a misa! (Se o di a biblia)

A saber como lles quedaría o caldeiro… E non me digades que daquela non existía Pi, porque xa o coñecían na cultura exipcia.

Vía.

Read Full Post »

Desafío no Morro

[Video en Youtube]

Un descenso extremo en bicicleta polas estreitas, sinuosas e claustrofóbicas rúas de Río de Janeiro. Patrocinado, como non, por Red Bull.

E mentres vexo o vídeo non deixa de soar na miña cabeza o Rap das Armas, pero a versión que aparece na película Tropa de Élite, non esa pachangueira que se puxo agora de moda.

O meu Brasil é um país tropical
A terra do funk, a terra do carnaval
O meu Rio de Janeiro é um cartão postal
Mas eu vou falar de um problem nacional

Sinto que o vídeo da canción sexa tan chungo, pero é a versión da canción que máis me gusta. E penso que se tes ganas dun drama de acción un chisco distinto, deberías ver a película. Non chega a ser Cidade de Deus, pero está bastante ben.

Read Full Post »

Non ás tesoiras

tesoirasSeguindo o movemento proposto por La aldea irreductible, decido reivindicar a importancia da ciencia e da investigación no desenvolvemento dun país, un país que inviste 5 veces máis no plan E que no ministerio de Ciencia e Innovación. E así nos vai.

Podedes ler sobre isto en demasiados lados como para facerlles referencias. O da comparación dos investimentos ten esta fonte, espero -por desgracia- que sexa verídica.

Read Full Post »

Nova Cabeceira

Atopei unha foto buscando a ilustración da última entrada. Queda de cabeceira 😀

novacabeceira

Read Full Post »

Chove!

3962646490_57bf096957_oPois iso, que chove. Por fin saímos deste sol cegador a media altura que me pon dos nervios cando conduzo. Deste sol que me fai suar cando monto no coche que leva un par de horas fora. De durmir destapado, e consecuentemente  contra a gusto. Dese po que non acouga quieto e se me mete nos ollos (máis ultimamente con estas obras)

Agora entramos na auga, nas noites de inverno nas que me tapo con pesadas mantas deixando á vista só o nariz, que lembranzas cando durmía na casa de meus avós baixo unha mantas que apenas daba levantado. Agora toca escoitar a choiva bater na fiestra mentres estou acurrucadiño na cama. Disfrutar esa preciosa cor de outono, e agardar ansiosos a primavera para agradecer que a época de chuvias non nos converte nunha chaira cordobesa. Entramos nas mañás de fin de semana, nas que me ergo con ansia de bici, e de meterme por camiños enlamados chegando cun sorriso a casa que disfruto debaixo da ducha 😀 Agora, só me queda comprar unhas botiñas novas, e a saltar polas pozas 😀

A única pena? Que rematan as noites estreladas.

Foto en flickr.

Read Full Post »