Onte vin a película de Ray, onde Jamie Foxx interpreta ao coñecido Ray Charles. A película é bastante entretida, aínda que precisaredes algo de tempo para vela, xa que dura dúas horas e media. Bastante recomendable. Pero eu quédome co “No more, no more, no more….”
Archive for Setembro 2009
No more, no more…
Posted in cine, musica on Mér 30 Setembro 2009| 2 Comments »
E suben os impostos…
Posted in politiqueo, queixa on Dom 27 Setembro 2009| 3 Comments »
Pois iso, que soben os impostos. E para que? Para tirar eses cartos no Plan E. É dicir, para asfaltar as carreteras e refacer as aceras de Palas. Soa ben? Si… pois ben podían ir tomar por… da igual. O tema é que primeiro asfaltan, e despois fan as aceras pasando a maquinaria pesada polas estradas recén asfaltadas, pero que máis dá? Se asfaltar asfaltaron, é irrelevante que agora queden no mesmo ou en peor estado ca estaban, posto que xa volveron abrir zanxas nas rúas e están todas marcadas da maquinaria. E claro, podiamos aproveitar para ter unhas infraestruturas boas e total que? Temos aceras novas…. a ver se polo menos quedan mellor feitas que as outras.
E home, eu de economía (nin macro, nin micro nin mediana) non entendo un carallo, pero creo que non fai falta moita lucidez para darse conta de que isto é derrochar, literalmente!! E incluso diría máis, isto é rirse de nós, dos contribuíntes (bueno, de vós, que eu aínda non contribúo a nada). As aceras de Palas non eran bonitas, e as carreteras estaban asfaltadas con gravilla e non con aglomerado. Pois eu, se mandase, repararía as aceras e as asfaltaría as rúas onde fose preciso e cando fose preciso, pero ben, e non a base de remendos. Pero non derrocharía así os cartos. Que seica andan tamén cambiando as canalizacións, ben o sei, pero polo que teño entendido (que tampouco vin o proxecto) están remendando o xa feito, en vez de arranxalo en condicións. E sen embargo, outras rúas quedan sen pintar, e a xente aparca onde lle sae dos collóns. Pero que máis da, se noutras asfaltadas e pintadas a xente aparca onde lle sae do cu e ningunha autoridade di nada.
Pero bueno, agora soben os impostos, e hai unha oposición ao goberno tan incompetente como o propio goberno. Co que ambos saen beneficiados e o resto fodidos. E eses cartos tan útiles en moitísimas cousas, serán despilfarrados. Como están despilfarrados no polideportivo (por exemplo), onde poderían ter unha persoa encargada (como fan noutros concellos), pero en vez diso temos silvas medrando nos baños, cagadas de paxaro na pista, goteiras na pista, e todo altamente deteriorado (todo isto real e verídico, se alguén non me cre, xa mirarei de facer unha reportaxe fotográfica).
Bah, non sei, primeiro de todo perdoade o texto tan pouco ordenado. E segundo, que vou seguir chorando, pataleando, sentíndome indignado porque non teño os collóns que fan falta para cambiar algo aquí. Algún dia alguén fará o que fixo Travis e punto [Robert De Niro en Taxi Driver].
PD: Que quede claro, e moi claro que esta será unha das poucas entradas onde me queixe do sistema! E que conste que non me importarían uns impostos tan altos se fosen ben invertidos. Por exemplo, esa diferencia podería ser aforrada en gasóleo se tiveramos unha boa autovía, en lugar dunha estrada toda bacheada e mal-parcheada.
Tekken
Posted in cine, friki, xogos on Sáb 26 Setembro 2009| Leave a Comment »
Estiven enganchado á saga do Tekken, en realidade só ás tres primeiras entergas -as de PlayStation-, xa que non tiven oportunidade de xogar a entregas posteriores. Pois resulta que o outro día deume por buscar un emulador de PlayStation e descargar o xogo para viciar. Bueno, tras iso estiven buscando a historia dos personaxes, e sempre tiven tres que destacaron especialmente: Bryan Fury –kickboxing-, Eddy Gordo –capoeira– e Hwoarang –taekwondo-. Despois de ler as biografías e historias varias, cheguei, non lembro ben como a enterarme de que están facendo película: Tekken.
Pois estiven informándome acerca destes actores que me “interesaban”, e temos a:
- Gary Daniels facendo de Bryan Fury. Quen tamén aparece no próximo filme de Stallone, The Expendables. Pero del destacaría (vendo só vídeos en Youtube, e ningunha das súas películas) os 10 segundos a partir de onde empeza este video. É escusado ver o resto, polo menos eu non din pasado de un minuto máis. Nótese que o paisano a parte de “actor” tamén é kickboxer.
- Lateef Crowder facendo de Eddy Gordo. A quen quizais coñezades da peli Tom-Yum-Goong (tamén chamada The protector), onde mantén esta pelexa con Tony Jaa, moi espectacular, demasiado para parecer verídica :D.
- E bueno, Jae Hee interpreta a Hwoarang, pero non ten referencias que eu coñeza.
Non creo que chegue a ter boas pintas, de feito tenme pintas de ser un Dragon Ball (algo máis fiel espero), ou un Mortal Kombat.
Seguinte, seguinte
Posted in informatica, linux, queixa on Lun 21 Setembro 2009| 4 Comments »
Pasa das 3 da madrugada, e estou esperto. Teño sono, algo que facer antes de deitarme e mañá teño que madrugar. Síntome como cas primeiras entregas de Debuxo 2, que tempos. Pero non, estou formateando un ordenador, e parece ser que certa persoa, non pasou por aquí ultimamente. Xa non me lembraba do que era a cultura do “seguinte, seguinte”, co fácil que é instalar en Ubuntu con catro clicks (2 para abrir o instalador, un para marcar cada un dos programas que queres instalar e un último para aplicar os cambios) aforrando ter o instalador xa buscado e descargado para executalo.
O que o salva é que lle debo un par de favores.
Que por certo, a conta disto, acábome de lembrar dunha comparativa do número de clicks necesarios para instalar diferentes sistemas operativos. Enlace. Aínda que o “Windows UE” facilita moito -moitísimo- a tarefa, e déixa o ordenador moito máis optimizado e máis limpo que os CD’s de recuperación orixinais. Pero tras isto hai que instalar unha ducia de programas, que con tanto “seguinte, seguinte”, faise un suplicio, porque é como o can pequeno: nin come, nin deixa comer (nin instala, nin me deixa levantar a vista do ordenador). Lástima que o Windows UE sexa ilegal.
Videa bien hermanito, videa bien
Posted in cine on Xov 17 Setembro 2009| 1 Comment »
Coa coincidencia do décimo aniversario da morte de Kubrick -algo atrasado-, decidiron levar á gran pantalla outra vez a súa maior obra mestra (e digo maior, por non ser a única) á gran pantalla: La naranja mecánica [A clockwork orange, 1971].
Pois a película esta baseada na novela homónima de Anthony Burgess. Onde fai un uso máis abusivo do nadsat, ese linguaxe raro que utiliza Alex. E Alex é o protagonista, un adolescente que só pensa en Bethoveen, no sexo e na ultraviolencia, ata que un dia….. deberiades ver a película :D. E se non a vistes, e podedes, recomendaríavos vela por primeira vez no cine.
O “estreo” está previsto para o 23 de Outubro, esperemos que chegue a algún cine próximo, que o menda vai pagar relixiosamente 😀
Aquí vos deixo:
- Trailer.
- Ficha en imdb.
- Curiosidades. (Só recomendables se xa vistes a película)
Vía ThinkinFreak.
Encántame
Posted in foto on Lun 14 Setembro 2009| Leave a Comment »
Quero un Camello!A foto sacada polo sempre xenial Ignacio Izquierdo.
Problemas informáticos
Posted in informatica, queixa, risa on Dom 13 Setembro 2009| 3 Comments »
Non lembro a vía. Pero lástima que certa xente que me sei non pase por aquí.
Canabalt
Posted in internet, xogos on Mér 9 Setembro 2009| Leave a Comment »
Non son moito de xogos Flash, pero este enganchoume e non sei moi ben por que. O Canabalt.
O único que tedes -e podedes- facer é saltar, e non ten máis. Supoño que triunfa a súa estética ao estilo de The Spirit, e tamén me gustan os detalles de romper as ventás arrastrando cristais tras de ti e de asustar as pombas das azoteas que vedes na imaxe. E a simpleza dos gráficos.
Sáltase ca X ou ca C, co + e co – súbese e báixase volume, e silénciase co 0. E o resto das teclas non valen para nada.
Mecagonstrucción
Posted in queixa, tv on Mar 8 Setembro 2009| Leave a Comment »
Aquí suponse que o prefixo Mega é superlativo, quero dicir, que falamos de algo moi grande ou numeroso, non si?
Pois resulta que hoxe me dixeron que hai un capítulo de “Megaconstrucciones” (a serie de documentais de La Sexta de pola mañá) adicado dedicado a unha obra galega. E que obra temos tan tremenda e impoñente como para ser dignos de aparecer nun documental ianki superlativo? Exato, as obras de Gaiás! Superlativa a cantidade de cartos aí “invertidos”.
Aquí vos deixo o primeiro video:
E como podedes comprobar no seguinte parágrafo que transcribín, estamos á ‘vangarda’ de Europa! Ou eso pensan os americanos:
“Como galicia aún es una de las regiones menos desarrolladas de Europa. Se juegan mucho. El éxito de este proyecto significaría un aumento del turismo, reconocimiento internacional, y un monumento para la posteridad. Sin embargo su fracaso sería una verguenza carísima, y la ciudad de la cultura no se acabaría. Y quedaría eclipsada por la gran atracción de la ciudad”
Vergonzoso! Vergonzoso o programa, a imaxe que teñen de nos, a cultura de “se é máis grande é mellor” e a inversión -superlativa- de cartos nesa obra!
Acuerio
Posted in musica, risa, tube on Dom 6 Setembro 2009| Leave a Comment »
Estaba eu xogando cas listas de reprodución do Spotify, cando me atopei co seguinte, Raphael – Aquarius:
Ao lado desta, as versións de Ken Lee e a do Principe Gitano quédanse curtas. Vale, igual esaxero.
A orixinal: Hair – Aquarius.
A mítica: Fifth Dimension – Aquarious / Let the sun shine in.