Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Xuño 2009

El último superviviente

Dende que comecei as vacacións dediqueime a ver películas, series e a ler bastante. Pero á que me enganchei particularmente foi a “El último supervivimente“. Pero o realmente fascinante da serie é ver ao protagonista comer, neste caso unha larva de escaravello rinoceronte. Penso que a máis “viscosa pero saborosa” de toda a serie. O emocionante comeza no 0:50 e remata no 1:00:

Advertisement

Read Full Post »

Érase una vez un caballero de enjuta figura, rocín flaco y afán corredor…

[Googlevideo: http://video.google.es/videoplay?docid=-4494418499481078173]

É un vídeo feito polo programa Al filo de lo imposible, a principios dos 90 con Juanma Montero sobre a bici. Dura unha media hora, e vense os protagonistas sobre asfalto e despois sobre monte. Todo isto baixo unha narración épica.

Como din nel, a nosa primeira bicicleta, foi sen dúbida o mellor xoguete.

Read Full Post »

Do It Yourself

Ese é o concepto: Faino ti mesmo! Descobre, experimenta, crea, e incluso, se é preciso, destrúe para volver a facer!

Adoro esa actitude! Supoño que foi o que me levou a ser “enxeñeiro”. Por unha rama un tanto especializada, pero con certa base común co resto das enxeñerías. Esa actitude que me fixo quedarme con certas cousas que me serviron para saciar a miña curiosidade, ou con outras que vía como se aplicaban noutros campos -moitas delas con gran utilidade-. Como exemplo disto, teño resolta unha dúbida que gardaba dende a infancia gracias a instalacións (que curiosamente coincidiu co posteo desa entrada), tamén entendo certos conceptos dos que usa Bear Grylls en “El último superviviente” (o programa de Cuatro onde soltan un paisano cun coitelo no medio da nada e ten que volver por si mesmo para casa) para orientarse gracias á topografía. Vamos, que meus pais non están a tirar os cartos cos meus estudos.

Encántame iso de facer un mesmo as súas cousas, ultimamente estou moi atraido por temas relacionados cas enerxías renovables, como este calentador solar (eu quero probar a facer un similar para a auga, ca idea orixinal de meu pai), ou este aeroxenerador, todas elas “made in na casa”. Xa fai anos, meu pai fixera unha panémona (un muíño de vento de eixe vertical) que usaba para sacar auga dun pozo e despois regar a horta e o invernadoiro, e tras un forte vendaval rompeu, e agora anda a medio facer un, pero esta vez de eixe horizontal (como os do oeste).

Hoxe, se estás interesado, tes infinidade de recursos que podes utilizar en internet. Para empezar bastaría con buscar en Google, pero se queres ir a algo máis concreto terías Instructables.Kit Car

Pero, porque me deu por falar disto agora? Pois porque veu Mark Frauenfelder a Asturies esta pasada fin de semana para dar unha conferencia precisamente sobre este tema no FIMP 2009. E tras ler os comentarios de Wicho e de Maikelnai, e máis a entrevista do ABC, quedei con máis ganas aínda de “facer”. E se a todo isto lle sumamos que estes días tamén cheguei aos Kit Car e certa posibilidade para homologalos, retomei ese soño de infancia que a moitos nos engaiolou, ese de facer un buggy. Que de momento se vai conformar nunha carrilana….

PD: Xa sei que é máis práctico un sen carné deses ca isto, pero onde está a satisfacción de poder dicir que o fixeches ti mesmo?

Read Full Post »

Patrick Boivin

Fai un par de semanas (ou xa fará un mes) vin un vídeo no que se amosaba unha pelexa Iron Man vs Bruce Lee feita con bonecos e Stop-Motion. Altamente recomendable!

Hoxe volvín chegar a ese vídeo e indaguei máis sobre o paisano que os fai e cheguei a este outro:

Que realmente non ten nada moito máis espectacular que o primeiro, pero o que pretendía amosarvos era o making off:

O que me parece máis meritorio é a pelexa de ambos, tendo en conta que un é o dobre de alto que o outro. Cando expuxo o problema pensaba que o único que faría sería xogar ca perspectiva e poñer un máis lonxe que o outro, pero cheguei á conclusión de que non é válido por mor da profundidade de campo.

Vía Tepasmas.com, e ampliado por Xatakafoto.

Read Full Post »

Ken Block

Un vídeo de Ken Block conducindo un Subaru Impreza WRX STi polo porto de Los Ángeles para patrocinar DC Shoes. Para min as dúas partes máis significativas aparecen nos puntos 2:10 e 3:40, aínda que no 3:10 tampouco se queda curto pasando tan preto de caer á auga. Sen quitarlle mérito visual ás escenas dos globos de auga e das barras de luz.

Pero tamén existe un primeiro vídeo gravado nun aeroporto, que non chega a ser tan impactante, pero no 3:05 tamén garda bastante espectáculo.

Tamén ten outro vídeo no que aparece saltando uns 50 metros. E como dixo un compañeiro meu de clase “Que mérito ten se o único que fixo foi pisar o acelerador”. Si, e poñer os collóns.

[Creo que xa puxera estes dous últimos vídeos no outro blog pero non a atopei].

Vía Pixel y Dixel.

[Actualización: Porto de Los Ángeles. Gracias Carlos]

Read Full Post »

Resposta

Ante golpes como o da Lei Hadopi (a dos tres avisos de internet), respostas coma o BitBlinder (un programa para ocultar a túa IP descargas con enlaces Torrent).

Read Full Post »

Alguén estuda por min

Miña Avoa: “E logo que tal os exames?”

Eu: “Ben, de momento ben”

Avoa: “Aii… iso foi gracias ao que eu recei”

Si, había ser iso.

Read Full Post »