Posted in euat, reflexion on Sáb 2 Maio 2009|
2 Comments »
Hoxe ao xantar estaba facendo zappin, e nunha canle (non lembro en cal) dixeron algo así:
O coñecemento é poder. Pero é máis útil ter ese coñecemento ou saber onde atopalo?
Home, eu penso que a resposta está máis que evidente. E preguntaredes porque estou tan sensible con este tema? Porque levo toda a mañá chapando unha normativa para un exame tipo test, onde as preguntas serían do tipo seguinte:
Cales son as distancias que deberán cumprir unhas rexillas de ventilación?
d) Ningunha das anteriores.
a) Menos de 100mm ao teito e máis de 100mm a calquera esquina.
b) Máis de 100mm ao teito e menos de 100mm a calquera esquina.
c) Máis de 100mm ao teito e máis de 100mm a calquera esquina.
A resposta é a a. Pero non o creo relevante. O relevante é que isto está nas primeiras páxinas do CTE HS. E é unha normativa, que o día de mañá -cando traballe- terei accesible en todo momento. É absurdo que me obriguen a aprenderme unha recua de datos sen sentido. O ideal sería que me plantexasen casos prácticos que debera de resolver ca normativa nas mans, como na vida real. E despois en base a machacar ir aprendéndoas co paso do tempo, igual que me sei moitas outras cousas de memoria (pi=3,14159….). E como non da tempo a que nos aprendamos toda a normativa no curso, só nos mandan aprender (fixádevos en que digo “mandar aprender” e non “explicar”, porque non, non explica!) unha pequena parte, e como non nos ensinaron a interpretala, chegaremos a unha obra e non saberemos interpretala ben, e poderemos ter serios problemas (vía xudicial ou penal). Pero se ela cre que isto é útil, alá ela, porque sinto informala que pese a ter o primeiro parcial aprobado, só me lembro das medidas das zanxas debido a que por esta pregunta case suspenso (unha mal, resta unha ben… e eu andaba na corda frouxa).
Menos mal que é unha “profe progre” que se quere adaptar ao plan Boloña…. unha parte xa a fai: a de non explicar.
Read Full Post »