Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Marzo 2009

It’s Your Ride

Cheguei a el por accidente, sen buscar nin nada. Pero aquí está.

Encántame a música, como avanza hipnoticamente todo,  e o modo en que plasman o mesmo -ir en bici pola cidade- de tan diferente maneira. O vídeo é fermoso. Encántame cando o home vai asustando as pombas e estas levantan voo.

Por certo, é un curto comercial de Hutchinson. (Creo que a marca aparece nuns 300 sitios en menos de catro minutos).

Advertisement

Read Full Post »

Asturiano en Madrid

Onte lembreime desta canción:

Dark la eMe – Asturiano en Madrid

Y me preguntan con sonrisa que si tengo vacas.

– Si, las voy a soltar todas por la castellana

A canción en cuestión é unha versión de Englishman in New York de Sting.

Read Full Post »

Gilipollas!

Mars AttacksUnha profesora da EUAT contábanos as diferencias entre morteiros de cal e de cemento. Para isto dicía que se unimos dous ladrillos con morteiro cemento e ao momento levantamos termando do ladrillo superior, o inferior caerá. Sen embargo se facemos a mesma operación con morteiro de cal o ladrillo inferior termarase debido ás tensións producidas pola auga. Para mostrar isto puxo dous vídeos no proxector (si, usando un artiluxio cuxa tecnoloxía é posterior á segunda metade do século pasado…. cousa rara chico), e para enfatizar a acción dixo:

La gravedad existe, no me fui a Marte a hacer el experimento…..

Ains… claro como os marcianos voan porque non hai nada que terme deles….

u_u’

Read Full Post »

Domingo

Hai algún día máis desganado que o domingo?

Alguén ten ganas ou iniciativa de facer algo un domingo?

Por que nos amargamos pensando no que nos queda para o resto da semana?

Só unha respostas a todas estas preguntas: “Prffff”

Read Full Post »

Queima

Abro a persiana e vexo unha luz ao fondo alaranxada bastante rara, fíxome e hai lume, moito lume! Manda carallo, aínda non tiven tempo de despedirme do inverno e xa están ardendo os montes.

Hoxe pola tarde comentei que se agradecía este tempo así. Que se seguira así unha boa tempada, terá merecido a pena o inverno que pasamos.  Pero visto o visto, terá que chover, porque o lume non escolle e queima todas as árbores por igual, que se sói queimase eucaliptos, aínda merecería a pena.

A ver se para este ano libramos… pero visto o panorama non sei que vos diga.

Read Full Post »

Esbirro fótico

Xa dixen que padezo esbirro fótico….. pero do que me acabo de decatar é de que:

O reflexo do esbirro fótico é considerado un factor de risco para pilotos de combate, polo que as persoas que padecen este trastorno non poden pilotar este tipo de aeronaves.

¬¬

Sempre me quedará un helicoptero!

Read Full Post »

O retorno do Lacazán

A última actualización data do 18 de Setembro…. Manda carallo…. Ao final aínda volvo escribir algo. Pero non prometo nada,  só cando me apeteza e con calma.

De todas formas se queredes seguir ao tanto do que actualizo, eu de vós engancharíame a un lector de feeds, para non ter que andar entrando a diario (crédeme que compensa).

Hoxe para ir abrindo boca, déixovos un vídeo dun descenso sobre neve gravado cunha Canon EOS 5D MkII.

E bueno, tede en conta que pola semana teño pouco tempo, e pouco acceso á rede.

Saúdos, e grazas por lerme.

Vía foto.microsiervos.

Read Full Post »