Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for 15 Setembro 2008

Canta tontería

Hoxe comín tarde (vamos… que empecei despois das 14.30), e por tanto a parte de ver os Simpson, quedei un anaco vendo as noticias de Antena3.

Pois resulta que abren o informativo ca bancarrota do Lehman Brothers, ben, supoño que podemos tomar a noticia como importante, posto que este é o 4 banco máis grande dos USA, e esto vai implicar unha hostia grande á economia mundial (digo eu, sen ter nin idea de macro, nin microeconomía. E igual estou dicindo unha estupidez). Hasta este punto todo xenial, pero cal é o fallo? Que a seguinte noticia dinos que a filla dos principes empeza hoxe o seu prmeiro día no “cole dos grandes”. E a partir de aquí todo son datos sobre o colexio (mesturado, laico, pero con dereito a impartir clases de relixión, a el foi seu pai, suas tias e suas primas… bla bla bla).

E pregunto eu: Tan faltos estamos de sucesos como para que me poñan esa bazofia en primeira plana? Mal será q non morrera alguén en accidente de tráfico, ou que a Spanair non se lle fodera algún avión, ou algunha victima da violencia de xénero. Sei que estas cousas acontecen a diario, pero supoño que serán máis importantes ca que unha nena -malcriada que vive á conta dos meus cartos- comece hoxe o cole.

PD: É cousa miña ou Leti é un fideo con patas?

Advertisements

Read Full Post »