Feeds:
Artigos
Comentarios

Manifesto por unha rede neutral

Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto MANIFESTAMOS:

  1. Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido.
  2. Que as empresas, emprendedores e usuarios de Internet puideron crear servizos e produtos nesa Rede Neutral sen necesidade de autorizacións nin acordos previos, dando lugar a unha barreira de entrada practicamente inexistente que permitiu a explosión creativa, de innovación e de servizos que define o estado da rede actual.
  3. Que os usuarios, emprendedores e empresas de Internet puideron definir e ofrecer os seus servizos en condicións de igualdade, levando o concepto da libre competencia até extremos nunca antes coñecidos.
  4. Que Internet é o vehículo de libre expresión, libre información e desenrolo social máis importante co que contan os cidadáns e empresas. A súa natureza non debe ser posta en risco baixo ningún concepto.
  5. Que para posibilitar esa Rede Neutral as operadoras deben transportar paquetes de datos de maneira neutral, sen erixirse en “aduaneiros” do tráfico e sen favorecer ou prexudicar a uns contidos por riba doutros.
  6. Que a xestión do tráfico en situacións puntuais e excepcionais de saturación das redes debe acometerse de xeito transparente, de acordo a criterios homoxéneos de interese público e non discriminatorios nin comerciais.
  7. Que a dita restrición excepcional do tráfico por parte das operadoras non pode converterse nunha alternativa sostida á inversión de redes.
  8. Que a dita Rede Neutral se ve ameazada por operadoras interesadas en chegar a acordos comerciais polos que se privilexie ou degrade o contido segundo a súa relación comercial coa operadora.
  9. Que algúns operadores do mercado queren “redefinir” a Rede Neutral para manexala de acordo cos seus intereses, e esa pretensión debe ser evitada; a definición das regras fundamentais do funcionamento de Internet debe basearse no interese de quen a usan, non de quen as proven.
  10. Que a resposta ante esta ameaza para a rede non pode ser a inacción: non facer nada equivale a permitir que intereses privados poidan de facto levar a cabo prácticas que afectan ás liberdades fundamentais dos cidadáns e a capacidade das empresas para competir en igualdade de condicións.
  11. Que é preciso e urxente instar ao Goberno a protexer dun xeito claro e inequívoco a Rede Neutral, co fin de protexer o valor de Internet de cara ao desenrolo dunha economía máis produtiva, moderna, eficiente e libre de inxerencias e intromisións indebidas. Para iso é preciso que calquera moción que se aprobe vincule de xeito indisolúbel a definición de Rede Neutral no contido da futura lei que se promova, e non condicione a súa aplicación a cuestións que pouco teñen que ver con esta.

A Rede Neutral é un concepto claro e definido no ámbito académico, onde non suscita debate: os cidadáns e as empresas teñen moito dereito a que o tráfico de datos recibido ou xerado non sexa manipulado, terxiversado, impedido, desviado, priorizado ou retrasado en función do tipo de contido, do protocolo ou aplicación empregado, da orixe ou destino da comunicación nin de calquera outra consideración allea á da súa propia vontade. Ese tráfico tratarase como unha comunicación privada e exclusivamente baixo mandato xudicial poderá ser espiado, trazado, arquivado ou analizado no seu contido, como correspondencia privada que é en realidade.

Europa, e España en particular, atópanse no medio dunha crise económica tan importante que obrigará ao cambio radical do seu modelo produtivo e a un mellor aproveitamento da creatividade dos seus cidadáns. A Rede Neutral é crucial á hora de preservar un ecosistema que favoreza a competencia e innovación para a creación dos innumerábeis produtos e servizos que quedan por inventar e descubrir. A capacidade de traballar en rede, de xeito colaborativo, e en mercados conectados, afectará a todos os sectores e todas as empresas do noso país, o que converte a Internet nun factor clave actual e futuro no noso desenrolo económico e social, determinando en gran medida o nivel de competitividade do país. De aí a nosa profunda preocupación pola preservación da Rede Neutral.

Por todo iso instamos con urxencia ao Goberno español a ser proactivo no contexto europeo e a lexislar de xeito claro e inequívoco neste sentido.

Tradución de Mallando na e-ira.

Advertisement

Segundo aniversario

And.roid.es celebra o seu segundo aniversario e realizan un sorteo onde piden que lles expliques por que che gustan e  reparten os premios:

  • Primer premio: Un Samsung Galaxy Tab
  • Segundo premio: Un Samsung Galaxy S
  • Tercer premio: un Samsung Galaxy i5800 (del nivel del Spica)
  • Cuarto y quinto premios: un Vodafone Joy 845
  • Sexto hasta vigésimo premios: una camiseta con un androidito majete

Para participar, só queda dicir por que me gusta and.roid.es, e é porque teño un smarthphone con Android e neste blogue ofrecen unha grande cantidade de información moi actualizada, e por que non, tamén por estes sorteos, que xa fai cousa dun ano tamén ofrecían un HTC Magic.

Unha aperta, e lembrade que se queredes actualidade de Android en galego, podedes pasar por Mallando no Android.

A gran evasión

Hoxe deume por volver a ver os videos de Remi Gaillard, a quen estou subscrito no facebook. E atopei, un corto, pero non por iso menos gracioso video del.

Aínda que para min o mellor seguirá sendo o de Rocky!

Ballom accelerator

Pouco despois de publicar “Are you ready for the FAST LANE?” aparecia publicada en Make: Online unha entrada cunha pequena campaña publicitaria duns ventiladores sen aspas deseñados por Dyson con un globo.

O que fai falta é imaxinación 🙂

Hoxe deume por ver en youtube o anuncio do que sempre me lembro neses momentos de pinchazos e dor intensa que me aparecen nas pernas subindo unha costa, unha desas costas que parecen inacabables, e que non sei moi ben por que sigo subido sen baixarme da bici. Non sei se é pola canción ou por esa certa afinidade que aparece cos protagonistas, pero sempre axuda a tirar un chisquiño máis por min:

Pois a lista de videos relacionados levoume a outro anuncio da mesma marca, Un chisquiño menos de gravidade, aquí confórmome con deixarme levar, voar e desfrutar 🙂

Grand Canyon

No twitter de @iizquierdo, quen tras un incidente ca cámara, un acto de xenerosidade dos seus lectores e unha vista ao Gran Cañón do Colorado decidu deixar como gratitude a súa colección de fotos desta fermosisima garganta con licencia cc á máxima calidade; atopei un video realmente impactante (non feito por el) do mesmo:

[Non permite o embed, así que clicade aquí para visitalo]

Vimeo: Cineflex – Grand Canyon.

Xadrez como xogo de guerra

Como juego de guerra, el ajedrez tiene un fallo. Es este:
A diferencia de la guerra, las reglas en el ajedrez son constantes. Las piezas no cambian. Nunca ganarás el corazón de una torre o la mente de un caballo. Son sordos a tus argumentos.
Sarah Connor nas Sarah Connor Chronicles

LEGO Technic

Todos coñecemos Lego, e é impresionante ver como catro prismas dan para tanto. Hai unha liña de Lego que non é para cativos, é unha versión bastante máis avanzada que permite multitude de posibilidades: Technic.

Esta liña posibilita a creación de obras de maior complexidade, unha das xoias da corona é este Buldozzer (#8275), que ten unha cantidade de movementos impresionante, asimilables a un bulldozer de verdade:

Pero non todo se limita ás creacións da propia empresa, hai un usuario que creou el só un cambio secuencial a base de pezas de Lego Technic:

Seguir lendo »

Fai un anaco, no blogue de Iago Varela vin uns videos que xa vira hai tempo, pero que me recordan que cun pouco de enxeño non é tan complicado facer un xogo das cousas máis monótonas e aburridas, ben sexa facendo unhas escaleiras-piano musicais, un cubo da basura cun fondo moi moi fondo, unha alfombra scratch ou un colector de vidro arcade.

Todos estes videos (e a sensación que producen) volveron a min cunha entrada máis recente de Pixel y Dixel, unha campaña publicitaria de Volkswagen na que che preguntan se estás preparado para facer as cousas un chisco máis rápido. Para esto fan unhas pequenas modificacións nun carriño da compra:

Un ascensor pouco menos que a reacción:

Ou un pequeno tobogán sobre unhas escaleiras de metro :).

Teño claro, que algún día farei un hack dun carriño da compra, ben sexa un como o da entrada, unha barbacoa, un motorizado ou algún dos que aparece por instructables.

Final Fantasy VII

Por fin vacacións! E por este motivo estou a xogar ao Final Fantasy VII, ese xogo que marcou a miña adolescencia.

Tras instalalo e xogar algo, deume por frikear e buscar información para completar o xogo (guías de materias, límites, armas…), e atopei con esta guía por youtube:

Let’s Play Final Fantasy VII #001