Hoxe recibín unha presentación a favor do uso do galego na que daban a entender que Vázquez era un apelido galego, e a curisidade e a dúbida levaronme a preguntarlle a LuZiNhA se iso era certo, aquí queda o que me contestou: Vázquez rexístrase en textos galegos desde o s. XIV (en textos notariais, polo [...]
Arquivo para a categoría ‘personal’
Orixes
Publicado en personal o Dom 31 Xaneiro 2010 | 10 Comentarios »
Mallando
Publicado en blog, personal o Dom 13 Decembro 2009 | 1 Comentario »
Hoxe quería presentarvos un novo proxecto común a tres blogueiros. Un deles son eu e outros dous son blogueiros próximos a min: Iago e Luisinho. Imos pretender crear un blog sobre o que nos gusta, pero con contidos técnicos, é dicir, para temas persoais e de entretemento seguirei gardando este blog, ao cal teño ganas [...]
Queridos lectores
Publicado en blog, personal o Dom 29 Novembro 2009 | 1 Comentario »
Desculpade o maltrato que leva a cabo un servidor con este blogue. Pero agora, en plenos exames de decembro, non dou máis de min. Pero tranquilos, que como un Fenix este blogue rexurdirá das súas cinzas con máis forza ca nunca. E se non é este blog, algo farei, pero un non deixa internet así [...]
Do It Yourself
Publicado en personal o Mér 24 Xuño 2009 | 1 Comentario »
Ese é o concepto: Faino ti mesmo! Descobre, experimenta, crea, e incluso, se é preciso, destrúe para volver a facer! Adoro esa actitude! Supoño que foi o que me levou a ser “enxeñeiro”. Por unha rama un tanto especializada, pero con certa base común co resto das enxeñerías. Esa actitude que me fixo quedarme con [...]
Alguén estuda por min
Publicado en personal o Sáb 13 Xuño 2009 | 1 Comentario »
Miña Avoa: “E logo que tal os exames?” Eu: “Ben, de momento ben” Avoa: “Aii… iso foi gracias ao que eu recei” Si, había ser iso.
O meu pequechiño
Publicado en informatica, linux, personal o Ven 15 Maio 2009 | 3 Comentarios »
Pois por motivo dunha recua de acontecementos propios do azar, chegou ao longo desta semana un portátil ás miñas mans. En concreto un Sony Vaio VGN-FS515B, un portátil duns dous anos que ven para quedarse. O portátil ten un pequeno fallo no teclado (fallan algunhas teclas) que teño que mirar de arranxar (a ver aínda [...]
Usuario de Tuenti
Publicado en internet, personal, queixa o Mar 7 Abril 2009 | 2 Comentarios »
Definición de usuario de tuenti: panda de narcisistas cegatos que se adican a subir fotos propias posando mentres se miran no espello. Que estou ata os collóns de ver a mesma foto en cor, b&n e sepia. E iso que non entro en demasiados perfís, pero bástame con ver a páxina de inicio. E diredes [...]
Gilipollas!
Publicado en citas, euat, personal, queixa o Lun 23 Marzo 2009 | 3 Comentarios »
Unha profesora da EUAT contábanos as diferencias entre morteiros de cal e de cemento. Para isto dicía que se unimos dous ladrillos con morteiro cemento e ao momento levantamos termando do ladrillo superior, o inferior caerá. Sen embargo se facemos a mesma operación con morteiro de cal o ladrillo inferior termarase debido ás tensións producidas [...]
Domingo
Publicado en personal o Dom 22 Marzo 2009 | Deixar un comentario »
Hai algún día máis desganado que o domingo? Alguén ten ganas ou iniciativa de facer algo un domingo? Por que nos amargamos pensando no que nos queda para o resto da semana? Só unha respostas a todas estas preguntas: “Prffff”
Queima
Publicado en personal, queixa o Sáb 21 Marzo 2009 | 3 Comentarios »
Abro a persiana e vexo unha luz ao fondo alaranxada bastante rara, fíxome e hai lume, moito lume! Manda carallo, aínda non tiven tempo de despedirme do inverno e xa están ardendo os montes. Hoxe pola tarde comentei que se agradecía este tempo así. Que se seguira así unha boa tempada, terá merecido a pena [...]


